Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez, «PP de Vigo» insta al gobierno local a solicitar las ayudas al bus urbano del próximo año que olvidó pedir en este 2026: “Vigo merece una gestión seria”

· A presidenta local do PP sinala que a publicación da nova convocatoria en campaña “ten unha clara tintura electoralista” por parte de Pedro Sánchez, pero lembra que Vigo perdeu 3,5M€ por no presentarse a tempo

· “O Concello debe garantir a estabilidade do transporte municipal sen pór en risco os cartos dos vigueses, nin tampouco o propio servizo, como vemos na licitación do novo contrato, baixo sospeita de amaño”, apuntou

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, instou ao goberno local a iniciar canto antes os trámites para solicitar as axudas ao bus urbano para o vindeiro ano para que non ocorra o mesmo que este 2026, no que se perderon 3,5 millóns de euros. “Esiximos rigor, planificación e que se tramite o expediente en tempo e forma para que Vigo non volva a perder nin un so euro que lle corresponde”, aseverou.

A líder local do PP considerou que a publicación no Boletín Oficial do Estado, esta mesma semana, da nova convocatoria de axudas para o vindeiro ano do transporte público “ten unha clara tintura electoralista por parte do PSOE de Pedro Sánchez, empeñado en comprarse votos como sexa”.

En todo caso, sinalou que se trata da mesma convocatoria da que o Concello de Vigo quedou fóra este 2026 despois de que “incomprensiblemente” se lle pasara o prazo de catro meses para entregar a solicitude pola que tiñan previsto pedir 3,5 millóns de euros, tal e como acordaran en xunta de goberno local a finais do 2025.

“O concelleiro responsable, Javier Pardo, firmou os documentos oito días despois da data límite para a presentación da solicitude”, lembrou Luisa Sánchez, que instou a traballar canto antes para que “non se repita” esa “auténtica chapuza” que privou ás arcas municipais de 3,5 millóns para subvencionar os descontos da Pass Vigo e que agora terán que pagar os vigueses cos seus impostos.

De feito, lembrou que aínda están pendendo dun fío outros 1,9 millóns de euros correspondentes ás subvencións do ano 2025 por “incumprirse os requisitos esixidos naquela convocatoria”.

“Vigo merece unha xestión seria, rigorosa e responsable, que garanta a estabilidade do noso transporte urbano sen pór en risco os cartos de todos os vigueses. E o que é moito máis grave, o propio servizo, como estamos vendo coa licitación do novo contrato, baixo sospeita de amaño”, aseverou Luisa Sánchez.

“UN ESCÁNDALO EN MAIÚSCULAS”

A presidenta local do PP fixo así referencia ao informe do Instituto Galego da Competencia que se coñeceu esta semana polos medios de comunicación e que apunta a un “escándalo en maiúsculas do que este goberno segue negándose a dar as explicacións pertinentes”.

“A prensa está facendo o seu traballo de informar á cidade, aínda que parece que a Caballero iso non lle gusta”, manifestou Luisa Sánchez, que lamentou que o alcalde socialista e o concelleiro responsable rexeitaron ata o de agora a súa obriga de aclarar o que está pasando con ese contrato, dotado con 470 millóns de euros e que ten en vilo ao transporte público da cidade, cuxa prórroga finaliza o 30 de xuño.

“É un silencio inadmisible e unha xestión absolutamente nefasta pola que este luns pediremos responsabilidades políticas no pleno”, concluíu.

Deja una respuesta

Hide picture