Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez «Diputación de Pontevedra» solicita al Concello de Vigo que remita con urgencia la documentación completa sobre las inversiones del Mundial 2030

  • A vicepresidenta reitera o seu apoio á candidatura municipal e recorda o esforzo investidor realizado pola Deputación de Pontevedra
  • A representante provincial insta a avanzar con rapidez e coordinación, dado que os prazos para convencer á FIFA apreman

Vigo, 15 de outubro de 2026. A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, vén de solicitar ao Concello de Vigo que remita con urxencia a documentación completa sobre os investimentos necesarios e a planificación detallada para que a cidade poida ser sede do Mundial de fútbol masculino que se disputará en España no ano 2030.

A representante provincial en Vigo recordou que a Deputación de Pontevedra apoiou a candidatura municipal desde o primeiro momento, tanto coa aprobación dunha carta de compromiso como mantendo o seu esforzo investidor na reforma do estadio de Balaídos, á que xa destinou 28 millóns de euros. “Grazas á financiación da Deputación na remodelación de Balaídos, Vigo segue tendo opcións para ser sede do Mundial”, sinalou.

Luisa Sánchez insistiu en que a candidatura necesita avanzar con rapidez e coordinación, dado que os prazos para convencer á FIFA apreman. Para iso, considera imprescindible que a Deputación dispoña de información detallada sobre os investimentos previstos para abrir o expediente correspondente na institución provincial e iniciar a tramitación precisa.

Con todo, a vicepresidenta aclarou que a Deputación aínda non recibiu ningunha comunicación por parte do Concello sobre os custes anunciados este mércores. Do mesmo xeito, pediu ao goberno local que aclare desde cando dispón dos importes revelados, que supoñen contías moi relevantes en termos orzamentarios.

Deja una respuesta