Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez «Diputación de Pontevedra» solicita a Caballero que remita con urgencia la documentación completa sobre las inversiones para el Mundial 2030

  • A vicepresidenta advirte que a carta remitida polo alcalde de Vigo xunto a proposta de convenio só inclúe dúas páxinas cos custos estimados: “Dúas follas de cálculo poden cuantificar unha candidatura, pero non abondan para construíla”
  • A representante provincial sostén que a cidade debe coñecer os proxectos e os prazos para a súa execución antes que os técnicos da FIFA
  • A tamén deputada de Deportes reitera que o evento representa “unha oportunidade que Vigo non pode desaproveitar” e recorda o esforzo investidor da Deputación en Balaídos

Sede de Vigo, 3 de novembro de 2026. A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, vén de remitir ao alcalde de Vigo unha carta en resposta á proposta de cofinanciamento dos custos derivados de que a cidade sexa sede do Mundial de fútbol de 2030. Na misiva, a representante provincial na cidade reitera o compromiso da institución provincial coa candidatura municipal, que se materializou no acordo aprobado hai máis de dous anos e medio e no financiamento da metade da reforma do Estadio de Balaídos.

Luisa Sánchez considera que acoller o Mundial 2030 representa “unha oportunidade que Vigo non pode desaproveitar”, tanto pola proxección internacional da cidade como polas melloras en equipamentos e servizos que poderían quedar para a cidadanía máis alá da celebración do evento. Ante a próxima visita da FIFA para avaliar a candidatura, defende a importancia de seguir avanzando na preparación dos proxectos e na coordinación entre administracións.

Neste sentido, a vicepresidenta aposta pola colaboración, o rigor e a transparencia, e considera que a cidadanía debe coñecer os proxectos previstos, o seu grao de desenvolvemento e os prazos para a súa execución antes que os técnicos da FIFA. “Teñen dereito a ser os primeiros en saber como se vai a transformar a súa cidade”, sinalou.

Luisa Sánchez explicou este martes que a carta remitida polo alcalde xunto a proposta de convenio só inclúe dúas paxinas cos custos estimados. Por tanto, ve necesario avanzar na definición das actuacións e concretar un plan de traballo que permita presentar ante a FIFA proxectos técnicos definidos e prazos viables. “Dúas follas de cálculo poden cuantificar unha candidatura, pero non abondan para construíla. Cómpre transformalas en proxectos maduros e nun plan de acción para convencer á FIFA”, apuntou.

Para facilitar ese avance, a vicepresidenta solicitou ao alcalde que remita a documentación técnica completa, pedida xa pola Deputación a principios de novembro de 2025. O obxectivo é que os servizos técnicos provinciais poidan analizala e tramitar as actuacións correspondentes.

Finalmente, a tamén deputada de Deportes reiterou a disposición da Deputación a seguir colaborando co Concello neste proceso e desexou que o goberno local “poida demostrar que ten un proxecto á altura do que pretende conseguir”.

Deja una respuesta

Hide picture