A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, mantivo este mércores un encontro cos apoderados e interventores da agrupación local que estarán presentes de xeito voluntario nos colexios electorais o vindeiro 29 de novembro. No acto estiveron tamén o cabeza de lista por Pontevedra, Julio García Comesaña; a tamén candidata ao Congreso, Irene Garrido e a candidata ao Senado, Mónica Domínguez.
O hotel Ciudad de Vigo foi o lugar elixido para a reunión, na que se deron cita máis de 150 militantes aos que Luisa Sánchez agradeceu o seu compromiso e aos que instou a seguir traballando estas últimas semanas para reforzar os bos resultados do PP na cidade. O obxectivo é, sinalou a presidenta local, continuar coa tendencia alcista das últimas catro citas electorais (municipais, xerais, autonómicas e europeas) para levar a Alberto Núñez Feijóo ata a Moncloa.

