Vigo, Galicia
Vigo

Los bomberos de Vigo alertan que si se produjera un incendio como el de Valencia, no habría ni el personal ni los medios para atenderlo. 

Facer presenza non é estar: hai que estar preparado, e o mínimo que se nos debe esixir é preparación e capacidade.
O incendio ocorrido en Valencia é extraordinario, pero non único, nin raro, nesta catástrofe morreron 10 persoas, pero podían morrer moitas máis se esa cidade non
contase cun servizo estruturado e dotado de medios.
Non queremos imaxinar o resultado deste sinistro na nosa cidade, non faría falta tanto para que as consecuencias tivesen dimensións exponencialmente máis graves.
Vigo non é Valencia e un servizo non pretende ser o outro, pero hai uns mínimos que non se poden descoidar, ou antes ou despois págase caro.
A xestión do servizo de Bombeiros de Vigo é imposible de entender dende un plano técnico. Vehículos obsoletos ou non adecuados para os labores asignados, falta total de
formación para o persoal, falta dun plan de prácticas diarias e procedementos de traballo,falta de protocolo de comunicación ,falta de departamento de prevención( a día
de hoxe hai un bombeiro que fai labores de auxiliar administrativo, descoñecemos o motivo). Falta de escala xerárquica, falta de mandos intermedios , cubertos estes por
persoal sen formación de ningún tipo.O suboficial e o oficial, non desenvolven a sua guía de funcións. Imaxinemos o que poderia acontecer nun sinistro semellante nun
servizo como este.
Pero todas estas graves deficiencias, quedan como meras anécdotas ante a insultante falta de persoal que o servizo sofre.
Non podemos contabilizar os días que non se cobren os servizos mínimos, por que non se cobren nunca, e queremos remarcar, que os servizos mínimos non recollen o
número de operativos suficiente, se non, o número de bombeiros por baixo dos que non se pode estar baixo ningún concepto. Sendo os servizos ordinarios un 25% máis
que o número recollido como mínimo..
Pero xa nos afixemos a que se enlácen días nos que entre os dous parques da cidade só haxa dous condutores tendo que elixir sé se leva escaleira ou a auga, días nos que se
atende a cidade dende un dos seus parques por estar pechado o outro, aumentando uns 10´o tempo de resposta, días onde non hai equipo de rescate e equipo de
extinción. Estamos a aceptar que o mesmo bombeiro que leva auga para apagar o lume, sexa o que rastrexe a zona para buscar ás vítimas, e en moitos casos o mesmo
bombeiro que está ao cargo da intervención.
Por que son innumerables os días que non hai nin un só bombeiro con formación de mando en toda a cidade, poñendo en risco calquera operativo, ao cidadán e aos
propios bombeiros.
Nunca é posible ter un equipo de rescate, nin substitucións, nin persoal de apoio de ningún tipo.É imposible facer prácticas, por que os mesmos que están pendurados
dunha corda son os que en canto soa a alarma teñen que estar no camión preparados para actuar.
Non podemos dar un servizo cun mínimo de calidade dende hai moito tempo , pero nos últimos anos ademais de ser un servizo de baixa calidade , está a ser imprudente e
temerario.
Neste incendio de Valencia observamos como un sinistro se pode torcer e o servizo ten que ter capacidade de adaptarse e absorber os cambios, e seguir protexendo aos
cidadáns e aos seus propios bombeiros .
Cidadáns!!!!! se eso pasase en Vigo os poucos bombeiros que estaríamos na intervención non seriamos capaces de salvar as vidas,non teriamos vehículos suficientes para
chegar os andares.A situación sería unha catástrofe absoluta.
Levamos anos alertando da situación dantesca e insostible,unha vez máis entregamos por rexistro a Patricia Rodríguez Calviño un estudo da situación na que se atopa o
servicio, as carencias e necesidades.Agardamos unha resposta temprana e unha actitude de colaboracion para solucionar o gravísimo problema do servizo de bombeiros da
cidade, non cheguemos tarde novamente.

Deja una respuesta

Hide picture