Vigo, Galicia
Vigo

La Asociación Veciñal de Teis, denuncia el deterioro y la falta de mantenimiento del muelle en la ETEA.

video
play-sharp-fill

A Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar publicamente o deterioro e a falta de mantemento do peirao da ETEA e do seu entorno, situación que se produce desde hai anos.

No peirao da ETEA, as varandas están oxidadas e faltan en varios tramos, no chan faltan adoquíns en varios puntos, hai un burato, a vexetación cubre gran parte do peirao e entorno.

No entorno do paseo marítimo, tamén o deterioro é visíbel, pois hai varios buratos e afundimentos. Tanto ao longo do paseo marítimo como do peirao, non hai unha soa papeleira, que desde a Asociación reivindicamos desde hai anos.

O pasado 19 de abril, diante da falta de mantemento e deterioro do peirao e do entorno do paseo marítimo, presentamos un escrito dirixido ao Concelleiro de parques e xardíns.

O espazo da beiramar nos terreos da ETEA (paseo marítimo, peirao e praia da Punta) durante todo o ano, pero especialmente nos meses de verán, convertese nun gran espazo de lecer da veciñanza de Teis, pero non pode continuar neste estado de abandono.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos urxente realizar o mantemento do peirao da ETEA, desenvolver un proxecto de mellora do peirao e no caso do paseo marítimo e o entorno, pasa por permitir a realización da urbanización do PS-1 como quer a Xunta de Galiza ou que o Concello, realice un proxecto de urbanización.

Deja una respuesta

Hide picture