Vigo, Galicia
Vigo

Los bomberos convocan para el sábado 1 de junio una manifestación por la grave y peligrosa situación que atraviesa el servicio de Bomberos de Vigo.

MANIFESTACIÓN PLAZA DE ESPAÑA 1-6-2024 19:00-21:00

Desde o Servizo de Bombeiros desta fermosa cidade, convocámosvos esta sábado 1 de xuño para manifestarnos pola grave e perigosa situación que atravesa o servizo de Bombeiros de Vigo, xa pagamos un prezo demasiado alto….Sergio e esta cidade merece moito máis de nós. Tentámolo por todos os medios, tratando de falalo cos nosos xefes directos, presentando todo tipo de informes no Concello de Vigo por medio do rexistro oficial, denuncias a inspección de traballo, accións de protesta na rúa; tratando de non molestar, de manternos na posición na que nos coloca o agarimo que sempre nos destes … Pero non serviu, todo ese esforzo non puido evitar que hoxe transitemos por este lugar que veiamos achegarse sen posibilidade de escape. Hoxe convocámosvos para concentrarnos en Praza de España, praza que manteremos rodeada de bombeiros cos seus traxes de intervención como metafora desa salvagarda que sobre a cidade exercemos. Despois tomaremos rumbo a Praza do Rey, lugar onde unha vez mais, volveremos ler un texto para pedir a este equipo de goberno, que redimensione este servizo de bombeiros segundo as necesidades reais da cidade e das súas propios bombeiros. Sentimos que a cidade vaia a sufrir as molestias duns cortes de trafico, que puideron evitarse. Ojala eses cortes de trafico poidan transformarse nun corte fulminante coa precarización dos servizos públicos e máis concretamente coa precariedade e falta de seguridade no servizo de bombeiros. Esperámosvos, e novamente grazas!!!!

Deja una respuesta