Vigo, Galicia
Vigo

La Diputación de Pontevedra remitirá al Ayuntamiento de Vigo un protocolo conjunto de colaboración institucional para impulsar la candidatura de la ciudad al Mundial 2030

O presidente provincial recalca o apoio do goberno provincial ás aspiracións da cidade e propón a creación dun marco de colaboración institucional entre as Administracións participantes “fluída e regulamentada” para acadar o obxectivo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que remitirá ao Concello de Vigo un protocolo de colaboración conxunto para conseguir que o estadio de Balaídos sexa sede do Mundial de fútbol do ano 2030 que se celebrará en España, Portugal e Marrocos. “Entramos en momentos importantes para decidir o futuro da candidatura, e desde logo a Deputación quere facer todo canto estea na súa man para que Vigo sexa sede mundialista en 2030. Agardamos, por tanto, que todos esteamos á altura do reto”, recalcou o mandatario provincial.

Unha semana despois de avanzar o vontade da Deputación para apoiar a candidatura en todo o que estea na súa man, o goberno provincial dá un paso cara adiante co envío dunha proposta ao Concello de Vigo que busca recalcar o compromiso para que Vigo poida cumprir as esixencias da FIFA, establecer un marco de colaboración institucional entre as Administracións participantes, “fluída e regulamentada” e reflectir a obriga do Concello de remitir toda a documentación imprescindible sobre as reformas adicionais precisas.

A aposta firme da Deputación de Pontevedra para facer de Balaídos unha das sedes do Mundial 2030, un dos eventos deportivos máis importantes a nivel global, reflicte o compromiso do goberno provincial para atraer á provincia competicións do máis alto nivel.

Deja una respuesta