Vigo, Galicia
Vigo

Las jornadas internacionales de coloproctología “Enrique Casal” cumplen 30 años

O servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do CHUVI organizou a 30 edición deste encontro científico, que reúne a máis de 200 especialistas internacionais

Trat,arán os avances en cáncer colorrectal, como as últimas novidades en cirurxía robótica

Nos quirófanos do CHUVI realízanse máis de 300 cirurxías de cancro colorrectal anuais

Máis de 200 especialistas vanse dar cita na 30 edición das Xornadas Internacionais de Coloproctoloxía “Enrique Casal”, que organiza o servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e máis concretamente a Unidade de Coloproctoloxía. O evento terá lugar en Baiona desde o 6 ao 8 de marzo.

A presidenta do comité organizador da xornada é a doutora Raquel Sanchez, xefa do servizo, mentres que os coordinadores son os doutores Enrique Moncada, Vizenzo Vigorita e Alberto de San Ildefonso.

Segundo afirma o doutor Moncada “as Xornadas deste ano son moi significativas xa que celebramos a 30 edición deste encontro científico. Esta continuidade avala a calidade e o nivel das mesmas, que ano a ano reúne aos mellores especialistas internacionais, xerando unha gran expectación e converténdose xa en referencia nacional no ámbito da actualización de coñecementos e formación das patoloxías colorrectais”.

O programa científico a desenvolver consta de varios módulos con mesas redondas e conferencias nas que se abordarán estas patoloxías desde varios ámbitos. Pódense subliñar as últimas novidades en Cirurxía robótica; o manexo conservador do Cáncer de Recto; a revisión crítica de novas tecnoloxías en Proctoloxía; a Neoplasia anal intraepitelial; ou a Formación de líderes en cirurxía colorrectal, entre outros.

300 cirurxías anuais de cancro colorrectal

A Unidade de Coloproctoloxía do Complexo hospitalario vigués, que depende do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo, conta con 13 facultativos especialistas e realiza cirurxías tanto no Hospital Álvaro Cunqueiro como no Meixoeiro, dependendo da complexidade de cada unha delas.

No Hospital do Meixoeiro lévanse a cabo cirurxías ambulatorias ou de curta estancia postoperatoria, mentres que no Álvaro Cunqueiro realízanse as máis complexas, a maioría delas oncolóxicas.

Nestes momentos realízanse máis de 300 cirurxías de cancro colorrectal anuais, “unha cifra das máis altas a nivel nacional en relación co volume de casos atendidos”, asegura o Dr.Moncada.

Neste senso, desde hai 3 anos ten incorporada a súa carteira de servizos a cirurxía robótica, rexistrando xa preto de 450 intervencións co robot da Vinci.

Esta Unidade cumpre os máis altos estándares de calidade, o que lle valeu a reacreditación en nivel avanzado pola Sociedad Española de Coloprotologia. Esto a converte nun referente nacional nas patoloxías de colon, recto e ano.

Deja una respuesta