Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

La Xunta y el Xacobeo 21-22 traerán a Vigo al artista número 1 en la lista mundial de reproducciones en Spotify

O granadino Quevedo, líder nas últimas semanas nas listas internacionais xunto ao arxentino Bizarrap, estará o 27 de agosto no Festival de Música Urbana

Os andaluces Ajax y Prok e Califato 3/4, a alicantina Safree e a viguesa Sila Lua completan o cartel que actuará no peirao de Transatlánticos e que xa está á venda

“A oferta musical do Xacobeo en Vigo abarca todos os estilos e esta cita tamén responde ás preferencias dos mozos e mozas viguesas”, sinalou a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias

A Xunta de Galicia, a través da programación musical do Xacobeo 21-22, traerá a Vigo o vindeiro mes de agosto ao primeiro artista español que logra ser líder nas listas de reproducións da plataforma Spotify. O granadino Quevedo, que situouse nos últimos días no número 1 do Global Top 50, actuará no Festival de Música Urbana que se celebrará no peirao de Transatlánticos.

A sesión musical de Quevedo e o arxentino Bizarrap acadou ata o momento un total de 53 millóns de reproducións en Spotify e máis de 84 millóns en Youtube. Xunto ao granadino, tamén estarán na cita viguesa do 27 de agosto os andaluces Ajax y Prok e Califato 3/4, a alicantina Safree e a viguesa Sila Lua. As entradas xa están á venda na plataforma Ticketmaster e tamén nas tendas de El Corte Inglés cun prezo de 29 euros.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou a aposta do Goberno galego para incluír nos Concertos do Xacobeo aos grupos máis punteiros do xénero urbano a nivel nacional. “A oferta musical do Xacobeo en Vigo abarca todos os estilos e esta cita tamén responde aos gustos dos mozos e mozas viguesas”, sinalou.

A Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 21-22, programou este ano máis de 70 concertos incluídos no programa concertosdoxacobeo.gal; un encontro real coa música, a creatividade e a interacción.

Muse, C.Tangana, Festival Latitudes…

Ademais do Festival de Música Urbana, a Xunta xa programou outras actuacións na cidade. Así, o trío británico Muse estará o 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España.

Co patrocinio do Xacobeo tamén estarán en Vigo C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e xa estivo Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Ademais, están en marcha outros dous ciclos (Xacobeo Vigo e Xacobeo Importa) e un festival (Latitudes) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade.

No que respecta á area metropolitana, o Xacobeo 21-22 leva actuacións a Mos (Morat e Tanxugueiras), O Porriño (Taburete), Redondela (M-Clan), Tui (Xoel López), A Guarda (Beret), Soutomaior (Dani Fernández), Cangas (Roi Casal), Baiona (Andrés Suárez) e Oia (Tanxugueiras).

Calendario musical do Xacobeo en Vigo

Xacobeo Importa: 17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo 26 de xuño: Marisa Monte – Afundación 7 de xullo: Agnes Obel – Afundación 10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo

Rufus Wainwright: 2 de xullo (Afundación)

Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo): 6 de xullo: Fat Freddy’s Drop 14 de xullo: Cimafunk 17 de xullo: Steve Vai 22 de xullo: Yann Tiersen 9 de agosto: Texas

Festival Latitudes: (Porto de Vigo)

19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass

20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House

C. Tangana: 23 de agosto (Porto de Vigo)

Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo) Ayax y Prok Quevedo Califato Sila Lúa Safree

Muse: 8 de setembro en Balaídos

Deja una respuesta