Vigo, Galicia
General Portada

O SERGAS NOMEA A FRANCISCO JAVIER PUENTE COMO NOVO RESPONSABLE DA ÁREA SANITARIA DE VIGO

  • Conta cunha ampla traxectoria como xestor da sanidade pública

O Sergas vén de nomear a Francisco Javier Puente Prieto para desempeñar o posto de xerente na Área sanitaria de Vigo, en substitución de Julio García Comesaña.

O novo xerente, que ata o de agora ocupaba o posto de director de Procesos Asistencias na Área sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras, conta cunha ampla traxectoria como xestor na sanidade pública galega, na que xa ten exercido en distintos postos de responsabilidade na Área de Vigo en etapas anteriores.

García Prieto é licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en dirección estratéxica de hospitais pola Universidade Politécnica de Valencia. Diplomado en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade, posúe o máster de Dirección e Organización de Hospitais e Servizos de Saúde, entre outros.

O novo xerente de Vigo iniciou a súa traxectoria profesional no ámbito da xestión sanitaria como subdirector médico do entonces Complexo Cristal-Piñor, para, posteriormente, ocupar o posto de director médico en 1999. No ano 2000 asumíu a dirección operativa, unha vez integrados os hospitais no CHUO. Con posterioridade, ocupou en 2007 a xerencia do Hospital comarcal de Monforte de Lemos, e a dirección de centros no Chuvi en 2009. A partir de 2012 responsabilizouse da dirección de Procesos Asistencias na Área sanitaria de Ferrol e, desde 2015 ata 2018, exerceu como director de Procesos na Área sanitaria de Vigo ata que se trasladou a Ourense.

Thumbnail Puente 4

Deja una respuesta