Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

La Xunta reclama al ayuntamiento celeridad para autorizar la visita técnica de la productora de Muse a Balaídos

Tras a autorización municipal á petición do Real Club Celta, a promotora propón realizar unha visita este xoves ao estadio

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reclamou este martes ao Concello de Vigo que autorice de forma inmediata a entrada en Balaídos a persoal da produtora da banda británica Muse para realizar unha visita técnica. A través do rexistro electrónico municipal, a empresa promotora da actuación solicitou o acceso ao estadio este vindeiro xoves unha vez que o Goberno local xa respondeu afirmativamente á petición do Real Club Celta para organizar o concerto.

A representante autonómica solicitou celeridade ao Goberno local para que facilite as labores da empresa organizadora co obxectivo de levar a cabo os estudos técnicos e de seguridade que marca a lexislación vixente. “Agardamos a colaboración total do Concello para que a promotora poida pechar todos os detalles necesarios de cara a actuación enmarcada na programación do Xacobeo”, sinalou.

O trío británico estará o vindeiro 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España. Fernández-Tapias reiterou que xa existe compromiso co Real Club Celta, concesionario do estadio, e tamén acordo coa produtora Zircozine.

A delegada lembrou que o alcalde leva “meses enredando” e negándose a que a cidade teña actuacións do Xacobeo, polo que solicitou que cumpra agora a súa palabra e autorice sen dilación a entrada dos técnicos.

Ademais do grupo Muse, a programación de concertos do Xacobeo 21-22 en Vigo tamén inclúe outras actuacións como a de C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) ou a de Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Tamén haberá outros dous ciclos (Xacobeo Importa e Xacobeo Vigo) e dous festivais (Latitudes e Música Urbana) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade.

Deja una respuesta