Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

La Xunta pone la disposición de empresas y expositores el nuevo pabellón del ifevi tras invertir 7,3 millones

Marta Fernández-Tapias visitou o recinto feiral despois de que os traballos de ampliación concluísen coa construción do Pavillón 5

A instalación do equipamento para o novo módulo cuberto de atletismo tamén finalizará nas vindeiras semanas

“Cumprimos os nosos compromisos como sempre facemos pese a que houbo que superar moitos escollos”, apuntou a delegada territorial da Xunta

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este xoves o novo pavillón do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) unha vez rematados os traballos de ampliación. A representante autonómica realizou un percorrido polas novas instalacións para comprobar o remate das obras e a súa posta a disposición de empresas e expositores.

“A administración autonómica cumpre así cos seus compromisos tras un ano de traballos e 7,3 millóns de investimento, un novo investimento, outro máis, da Xunta para a cidade e pola cidade de Vigo tras superar moitos escollos”, sinalou. Fernández-Tapias.

As obras de ampliación, realizadas mediante un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, consistiron na ampliación do Ifevi coa construción do Pavillón 5.

O recinto feiral gaña así unha nova superficie construída de 6.572,80 m2, dos que 5.536,05 m2 se corresponden coa ampliación e 1.036,75 m2 coa reforma do edificio existente. “O obxectivo desta iniciativa, coa que a Xunta amosa, unha vez máis, o seu compromiso coa cidade de Vigo e co recinto feiral, é incrementar a competitividade das instalacións e consolidar a celebración de eventos de referencia a nivel europeo e internacional como Conxemar”, apuntou a delegada territorial.

Esta ampliación súmase á xa realizada en 2018, na que a Administración autonómica investiu máis de 4 millóns de euros. En total, desde 2005 a Xunta de Galicia leva investidos neste recinto feiral de referencia máis de 15 millóns de euros, aos que se suma agora o investimento para este novo proxecto.

Módulo de atletismo

Ademais, a delegada avanzou que nas vindeiras semanas levarase a cabo a instalación do equipamento deportivo. O novo módulo cuberto de atletismo do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) vén a paliar a situación de parálise que vive o atletismo vigués e que suporá unha solución para que os atletas vigueses poidan adestrar todos os días do ano nunha pista cuberta, sen límite de capacidade, con independencia da situación meteorolóxica e que quedará instalada para sempre dentro do patrimonio do deporte de Vigo.

As novas infraestruturas deportivas, das que se verán beneficiados preto de 1.000 atletas repartidos entre os 15 clubs da área metropolitana de Vigo, contarán cunha recta de atletismo de 60 metros de lonxitude e seis rúas, ademais de catro zonas diferenciadas para a práctica do salto de lonxitude e triplo salto, lanzamento de peso, salto con pértega e salto de altura.

Deja una respuesta