Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

La Xunta invertirá 500.000 euros en el nuevo servicio de hospitalización a domicilio del Álvaro Cunqueiro

O Sergas anuncia a licitación do proxecto da reforma para este servizo, que permitirá dotalo de máis persoal

Hai uns días tamén saíu a licitación a obra da nova Unidade de necropsias por case 300.000 euros

Tal e como informara o Consello da Xunta, o Executivo galego executará no hospital vigués obras por 2,6 millóns de euros que mellorarán a atención en áreas como a saúde mental, cardioloxía, anatomía patolóxica, hospitalización a domicilio e enfermidades raras

O Sergas xa avanzou no proceso para dotar de novas dependencias ao servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO), no que investirá 500.000 euros.

Así, ven de anunciar a contratación da redacción do proxecto básico e de execución da obra de reforma para a nova localización deste servizo no Álvaro Cunqueiro, por un importe de 29.363,23 euros.

Esta nova dotación enmárcase nos 5,7 millóns de investimentos nese hospital, tal e como foi anunciado polo Consello da Xunta de Galicia.

O obxectivo destas actuacións é dotar ao Cunqueiro de novos espazos e equipamento, xa que o Executivo galego considera que, unha vez consolidado este hospital, é o momento de afrontar actuacións para reforzar a súa funcionalidade. Precisamente hai uns días tamén acaba de anunciarse a licitación da obra de Unidade de Necropsias por 300.000 euros.

Así, executaranse obras que mellorarán -ademais de áreas de HADO ou Anatomía, Patolóxica- outras como como a saúde mental, a cardioloxía, e as enfermidades raras.

Emprazamento definitivo e crecemento de persoal

A pandemia obrigou a diferenciar circuítos Covid/Non Covid, moi especialmente nos servizos de urxencias, e para isto foi necesario expandir o servizo de urxencias, ocupando espazos contiguos asignados a HADO. En consecuencia, de xeito provisional, HADO tivo que ser reubicado na zona de Docencia .

Con este proxecto, Hospitalización a Domicilio disporá dun espazo definitivo e ben dimensionado, deseñado para á asumir o crecemento de persoal previsto no Plan Autonómico de HADO, que plantea dotalo cun equipo máis, integrado por un facultativo e profesional de enfermaría.

No momento actual, o servizo conta 15 efectivos –6 médicos/as e 8 enfermeiras/os e 1 administrativo- que dan cobertura domiciliaria a toda a poboación de todos os concellos da Área Sanitaria de Vigo.

Presta asistencia a pacientes que, polas súas doenzas ou características, necesitarían ingreso hospitalario pero prefiren permanecer no seu domicilio onde os profesionais sanitarios subministran os mesmos coidados e atencións que nun ingreso hospitalario convencional.

Trátanse pacientes con diversas patoloxías, non só oncolóxicos, incluídos enfermos con necesidades paliativas. O pasado ano, os profesionais de HADO atenderon a 885 pacientes nas súas casas

Deja una respuesta