Vigo, Galicia
Destacado Galicia

La Xunta hace una serie de recomendaciones a la ciudadanía a causa de la llegada del humo de los incendios que afectan a Portugal

  • Deberase evitar a práctica de actividades ao aire libre, sobre todo exercicio intenso, e pechar as portas e fiestras para evitar a entrada de po nos domicilios
  • A poboación que pode verse máis afectada son as persoas con enfermidades cardiocirculatorias ou pulmonares, os anciáns, os nenos e as embarazadas
  • En caso de empeorar os síntomas respiratorios, a Dirección Xeral de Saúde Pública recomenda consultar cos profesionais sanitarios ou chamar ao 061

Ante a presenza de partículas de po en suspensión procedentes do fume dos incendios de Portugal, que pode producir efectos adversos na saúde, a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, fai unha serie de recomendacións á cidadanía.

Ata que este episodio non remate, a Xunta recomenda tomar precaucións como non practicar actividades ao aire libre, sobre todo exercicio intenso, pechar as portas e fiestras para evitar a entrada de po nos domicilios, manterse en ambientes húmidos e hidratarse, sobre todo, no caso daquela poboación que pode ser máis sensible.

O tamaño das partículas (PM), determina a perigosidade de po para a saúde. As partículas PM10, 10 micras, son as que poden causar efectos nocivos na poboación, que producen síntomas como irritación nos ollos, nariz, boca e garganta.

As menores, de 2,5 micras (PM2,5), ademais, teñen a capacidade de introducirse nos pulmóns e no torrente sanguíneo, producindo sobre todo, unha diminución da capacidade respiratoria así como molestias torácicas, tose, palpitacións, fatiga ou incremento á susceptibilidade a infeccións respiratorias, polo menos durante os cinco días posteriores ao comezo do episodio.

A poboación que pode verse máis afectada pola mala calidade do aire, debido á elevación das partículas en suspensión, son as persoas con enfermidades cardiocirculatorias ou pulmonares, principalmente asma ou EPOC, os anciáns, nenos e embarazadas.

En caso de empeorar os síntomas respiratorios, deberase consultar cos profesionais sanitarios ou chamar ao 061.

A situación actual e a localización dentro da xeografía galega do nivel e tamaño destas partículas, así como a predición da posible chegada nos próximos días pódese consultar na páxina web de MeteoGalicia https://www.meteogalicia.gal/web/ica/portada.

Pode atopar máis información sobre calidade de aire e saúde na páxina web da Consellería de Sanidade https://airesaude.sergas.gal.

Deja una respuesta

Hide picture