Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta dotó de una nueva resonancia magnética al Álvaro Cunqueiro que ya realizó 1.500 estudios en los dos primeros meses de funcionamiento

O director de Asistencia Sanitaria do Sergas visitou as instalacións do novo equipamento, valorado en preto de 1,5 millóns de euros

A Xunta utilizou fondos europeos Next Generation para investir máis de 13 millóns de euros na renovación de equipos de alta tecnoloxía do complexo vigués

No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ven de renovarse cinco TACs, dúas resonancias magnéticas, dúas salas de hemodinámica, un equipo de anxiografía vascular e un PET e tres gammacámaras

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo xa conta cunha nova resonancia magnética e 5 novos TACs, adquiridos pola Xunta, por preto de 5,8 millóns de euros aproveitando os fondos europeos Next Generation. Con esta adquisición, optimízase a tecnoloxía que prestaba servizo no centro hospitalario.

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Jorge Aboal, visitou o Álvaro Cunqueiro para coñecer, de primeira man, este novo equipamiento de alta tecnoloxía. Acompañouno o xerente da Área sanitaria, Javier Puente; a subdirectora xeral de Atención Hospitalaria, Raquel Vázquez Mourelle; e a xefa en funcións do servizo de Radiodiagnóstico, Milagros Otero.

RMN de altas prestacións

A nova resonancia, que comezou a funcionar no pasado mes de xullo, xa leva realizados 1.500 estudos radiolóxicos.

Trátase dun equipo de ultima xeración e de altas prestacións. Conta cunha maior resolución anatómica, permitindo ver lesións de tamaño minúsculo. As súas características tecnolóxicas posibilitan obter imaxes de máis calidade en calquera órgano, nun tempo menor e coa máxima confianza diagnóstica, conseguindo así un diagnóstico aínda máis preciso e eficiente. Isto significa unha achega inestimable para a detección precoz de múltiples patoloxías, especialmente en pacientes oncolóxicos e neurolóxicos. Neste senso, cómpre salientar que un diagnóstico máis preciso posibilita un tratamento máis axeitado e individualizado, o que conleva maiores beneficios para o paciente.

A incorporación destas novas dotacións tecnolóxicas permitirá seguir implementando novas técnicas e procedementos diagnósticos para avanzar na mellora da calidade asistencial ofertada na área sanitaria de Vigo.

Ademais, os novos equipos contan cun deseño que introduce melloras no confort dos usuarios, xa que o tubo é mais grande, polo que o paciente se sentirá máis cómodo e seguro. Outra das características é a axilidade na realización da proba, xa o tempo da se reduce considerablemente, nalgúns casos ata nun 60%.

TAC espectral, mellor capacidade diagnóstica

No referido aos 5 TACs, 3 están funcionando no Álvaro Cunqueiro e 2 no Meixoeiro. Un deles, instalado no Cunqueiro, conta con tecnoloxía espectral, que mellora a capacidade diagnóstica, oferta maior precisión e definición da imaxe, e diminúe as doses de radiación e contraste. En solo 6 meses de funcionamiento, o TAC espectral xa efectuou 12.500 estudos .

13 millóns de euros en alta tecnoloxía

A instalación destes equipos forma parte dun proceso de renovación dos dispositivos de alta tecnoloxía, que na Área de Vigo supuxo un investimento de case 13 millóns de euros. Ademais dos 5 TACs e das 2 Resonancias Magnéticas, tamén adquiriuse 1 equipo de Radioloxía Vascular; 2 Salas Hemodinámica; 1 equipo PET e 3 ganmacámaras.

Todos estes aparatos están xa funcionantes excepto a segunda RMN, a do Meixoeiro, que chegará a finais de ano; así como os de Medicina Nuclear (PET e Ganmacámaras), que vanse incorporar unha vez rematen as obras de acondicionamento das Salas que se están desenvolvendo, que finalizarán no próximo mes de outubro.

Fondos europeos para renovación de tecnoloxía sanitaria

Estes investimentos englóbanse nos que está a tramitar o Goberno galego por un valor de máis de 67 millóns de euros, destinados a canalizar os fondos europeos Next Generation, de cara á renovación do equipamento hospitalario. Suman un total de 76 novos equipos, dotados da mellor tecnoloxía sanitaria e que se porán ao alcance, tanto dos profesionais do Sergas, como dos pacientes da sanidade pública.

Dentro desa dotación, a Xunta adquiriu un total de nove resonancias magnéticas para dar servizo aos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

A Xunta tomou a decisión de complementar os fondos europeos con outros do seu propio orzamento para adquirir equipos de gamas superiores aos financiados, algo que xa sucedeu nos contratos de TAC (para incorporar TAC de tecnoloxía espectral) ou nas resonancias magnéticas.

Deja una respuesta