Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta destaca que el bono energía pyme financió 96 actuaciones de eficiencia energética en el área territorial de Vigo con una aportación de cerca de 400.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recorda que está aberta a nova convocatoria no marco do Plan de Choque autonómico para facer fronte á carestía actual de produtos enerxéticos e a situación de inflación

Deseñado para que pemes e autónomos poidan mellorar o aforro dos seus negocios a achega cobre o 80% do custo elixible ata un máximo de 6.000 euros por solicitude

A Xunta de Galicia financiou o pasado ano 96 actuacións de eficiencia enerxética a pemes e autónomos da área territorial de Vigo cunha achega que rozou os 400.000 euros e un investimento asociado de preto de 550.000. Así o informou hoxe a delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, con motivo da segunda convocatoria do Bono Enerxía Peme no marco do Plan de choque autonómico para facer fronte á actual carestía dos produtos enerxéticos e a situación de inflación.

Deseñado para que pemes e autónomos poidan mellorar o aforro dos seus negocios a achega cobre o 80% do custo elixible ata un máximo de 6.000 euros por solicitude, a nova convocatoria estará aberta ata o vindeiro 14 de xullo ou ata que se esgote o crédito destinado a este programa, que ascende a dous millóns de euros.

Neste contexto, a representante autonómica indicou que a Xunta continúa potenciando actuacións de mellora e aforro enerxético, enerxías renovables e xestión dos recursos nos distintos sectores. Asemade, avanzou que a previsión do Goberno galego é a de convocar ao longo do ano axudas por máis de 128 millóns de euros dirixidas tanto a familias como empresas para “paliar os efectos que a suba de prezos enerxéticos está a ter nos fogares e no tecido empresarial galego”.

Entre as actuacións obxecto desta orde do Bono Enerxía Peme figuran a instalación de elementos de control solar como toldos ou láminas de control solar ou térmico de cor branca, negra e variantes; a renovación de equipamentos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos, por outros que utilicen tecnoloxía led; a mellora de eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garantan unha subministración con calidade e fiabilidade; a renovación de equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, entre outros; a instalación de aparellos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria; ou sistemas domóticos ou inmóticos para a xestión da enerxía e un gasto máis eficiente.

Deja una respuesta