Vigo, Galicia
Galicia

La Xunta ajusta el uso de la máscarilla y limita su obligatoriedad a los servicios de urgencias.

  • A partir do martes da vindeira semana, só será obrigatoria nos servizos de urxencias, nos PACs e nos servizos nos que haxa pacientes inmunodeprimidos
  • O conselleiro de Sanidade sinala que a medida se toma seguindo criterios técnicos, e que entrará en vigor o vindeiro martes

A Xunta de Galicia, seguindo criterios técnicos, emitirá maña luns unha instrución que se fará efectiva o vindeiro martes, día 30, para que o uso xeral da máscara deixe de ser obrigatorio nos centros sanitarios, limitando o seu uso aos servizos de urxencias, aos PACs e aos servizos nos que haxa pacientes inmunodeprimidos. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa visita ao Punto de Atención Continuada do Val Miñor, no concello de Nigrán, onde estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Puente Prieto.

Tal e como recolle o último informe da vixilancia da gripe en Galicia referido á semana que rematou o 21 de xaneiro, e que periodicamente elaboran os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o nivel de intensidade desta patoloxía é baixo, destacando que a taxa de consulta en atención primaria no conxunto de Galicia diminuíu un 47% respecto da semana anterior. Este descenso observouse nas catro provincias galegas.

O informe dos expertos de Saúde Pública tamén reflicte que a taxa de consulta diminuíu en todos os grupos de idade.

Polo que atinxe á positividade das mostras estudadas, situose ao redor do 10%, o que supón un claro descenso respecto da semana anterior, que era do 20,1%.

Neste último informe sinálase que, na semana que rematou o 21 de xaneiro, notificouse o ingreso de 103 persoas por gripe, o que representa un 63% menos que a semana previa.

No que vai de temporada de gripe, notificáronse 3.071 ingresos, e deles un total de 161 estiveron na UCI.

Respecto da covid, o número de casos activos é de 508, dos que 7 están na UCI e 113 en unidades de hospitalización.

Deja una respuesta