Vigo, Galicia
General Política Vigo

La Xunta adjudica la redacción del primero proyecto para construir 39 viviendas protegidas en Navia,Fernández-Tapias recordó aun espera que el Ayuntamiento firme el convenio para construir el IES

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, destaca que se trata “dunha boa noticia para Vigo e os seus veciños” e lembrou que o Goberno galego aínda agarda a que o Concello firme o convenio para construír o IES de Navia

Tamén están licitados os contratos para redactar os proxectos doutros 5 bloques e en total o IGVS construirá 207 VPP no primeiro polígono que se desenvolverá neste barrio vigués, cuxa urbanización está pendente da aprobación por parte do Concello

A Xunta de Galicia acaba de adxudicar o contrato para a redacción do proxecto e a dirección de obra para a construción de 39 vivendas de promoción pública (VPP) que se construirán nunha parcela correspondente ao polígono 1 de San Paio de Navia, en Vigo. A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, destacou que se trata “dunha boa noticia para Vigo e os seus veciños”.

O contrato, o primeiro que se adxudica para redactar o proxecto construtivo de parte das vivendas de promoción pública previstas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) neste barrio, foi adxudicado por 242.000 euros e prevé un prazo de 5 meses para completar os traballos de redacción e de 24 meses para a dirección da obra de construción. O contrato prolongarase outros 12 meses do período de garantía da obra.

Cómpre subliñar que o IGVS construirá 207 VPP na primeira fase de San Paio de Navia, o que supón máis do 28% das 733 vivendas proxectadas neste polígono, que será o primeiro en desenvolverse e cuxa urbanización está pendente de que o Concello de Vigo aprobe o proxecto correspondente. A maiores, outras 195 vivendas corresponderán a permutas de solo por edificabilidade e as 331 restantes serán construídas por promotores privados ou cooperativas, con destino preferente ao alugueiro.

O investimento previsto en total polo organismo autonómico para a construción das 207 vivendas de promoción pública previstas no polígono 1 de San Paio de Navia supera os 28 millóns de euros. En todo caso, o IGVS tamén ten previsto construír máis VPP nos outros dous polígonos nos que se divide a ampliación deste ámbito —a maior bolsa de solo residencial do sur de Galicia—, aínda que o número definitivo se determinará conforme avancen as obras de urbanización.

IES de Navia

Respecto dos orzamentos para a Xunta no barrio vigués, Fernández-Tapias sinalou que as inversións previstas son de 19M€, dos que 14 corresponden ao compromiso do Goberno galego coa construción do novo IES de Navia. “Hai blindados 220.000 euros para arrancar xa coa redacción do proxecto, sempre e cando o Concello de Vigo asine o convenio para a cesión dos terreos que lle foi remitido hai meses”, apuntou.

Deja una respuesta