Vigo, Galicia
Vigo

Bomberos de Vigo alertan de que acudieron con retraso a un incendio por falta de efectivos

Durante a quenda da do día 30,e co parque de Coruxo pechado por falta de persoa,recibimos unha chamada dun veciño da zona de Camposancos para alertar dun pequeno conato, nun contetudor na súa vivenda.Alertado o parque de Teis,único na cidade no día 30,saíron para a zona do incendio,a mais de 24 min .Durante o tempo que lles levou os compañeiros chegar a estrada Camposancos,o veciño observou atónito como o pequeno conato convertíase nun incendio de dimensions que afectaba a sua furgoneta mais un coche situados preto do contetudor.
O resultado do pequeno incendio foi a perda total da furgoneta e danos no outro vehículo polas lapas.
Este veciño sufriu a nefasta xestión municipal co servizo de bombeiros, nas súas pertenzas materiais.Se o parque de Coruxo estivese aberto,o tempo de resposta sería de 3 min, e o desenrolo do incendio sería totalmente diferente.
Este pode parecer un caso menor pero extrapolable a calquera outro incidente,pensemos nunha excarceración ou nun incendio de vivenda con víctimas afectadas. Non podemos deixar pasar como servidores públicos,a denuncia destes feitos,agardando que o concello asuma a sua responsabilidade co servizo e a cidade e non agarde a que os acontecementos sexan peores. Non podemos ter a metade da cidade desantendia con temos de resposta de case 30min

Deja una respuesta