Vigo, Galicia
General Otras

LA XUNTA ADECÚA LAS LIMITACIONES PREVENTIVAS ESTABLECIDAS PARA LA PRESTACIÓN DE SERVICIOS PÚBLICOS DE TRANSPORTE DE VIAJEROS

  • Estas medidas repercuten no transporte en autobús -de carácter interurbano, urbano, ou de uso especial- e no transporte marítimo
  •  Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos, poderase ocupar a totalidade dos mesmos

A Consellería de Sanidade vén de realizar unha adecuación das limitacións preventivas establecidas para a prestación de servizos públicos de transporte de viaxeiros, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do covid na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo cos últimos estudos, Sanidade estima prioritario adoptar medidas que faciliten a trazabilidade das persoas usuarias dos medios de transporte de viaxeiros (autobús e marítimo), polo que se establecen medidas dirixidas a facilitar o coñecemento das persoas ocupantes deles.

Dada a limitada duración do tempo que as persoas usuarias permanecen no interior dos vehículos e embarcacións, xunto coas axeitadas condicións de ventilación das mesmas, que minimizan as posibilidades de transmisión do virus, e fronte á redución da súa capacidade, Sanidade estima axeitado o establecemento doutras medidas preventivas alternativas, baseadas na diminución do contacto directo entre as persoas usuarias.

Preténdese facilitar a necesaria eficiencia do servizo público, facilitando o mantemento da funcionalidade de traslado das persoas para atender aquelas necesidades relacionadas con actividades necesarias e permitidas, como as laborais ou lectivas.

Modificacións

As condicións de capacidade dos vehículos e embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, isto é o transporte en autobús -de carácter interurbano, urbano, ou de uso especial- e o transporte marítimo, quedan establecidas do seguinte modo:

Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos, poderase ocupar a totalidade dos mesmos. En calquera caso, deberase manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.

Nos caso dos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, establecéndose como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé.

Así mesmo, como medidas adicionais aplicables ao uso deste tipo de transporte, establécense que durante toda a duración do traxecto, cando este sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións, debendo, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do devandito vehículo ou embarcación.

No caso dos servizos públicos colectivos regulares de transporte de viaxeiros de carácter interurbano, de uso xeral ou de uso especial, que non teñan autorizadas prazas de pé, e en calquera servizo de transporte marítimo en augas interiores da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto de transporte e do vehículo ou embarcación que o preste.

Igualmente, todos os anteriores vehículos e embarcacións deberán ter numerados os seus asentos de forma clara e visible para as persoas usuarias.

Por último, naqueles servizos nos que non exista unha asignación previa de asento, recoméndase ás persoas viaxeiras que anoten no seu billete o número de asento que ocupen.

Estas modificacións publicarase mañá martes día 10 de novembro do Diario Oficial de Galicia.

Deja una respuesta