Vigo, Galicia
General Portada

La huelga del transportes reduce en un 50% la entrega de material sanitario en la plataforma logística del Sergas

  • O paro do sector loxístico está a provocar unha redución de entre o 40 e o 50% nas entregas de material sanitario, respecto dos días de actividade normal
  •  O Servizo Galego de Saúde está a adoptar medidas co obxectivo de minimizar o impacto da folga no subministro de material aos centros sanitario

A folga do Transporte iniciada o pasado luns, día 14 de marzo, está a ter unha repercusión importante na entrega de pedidos de material na Plataforma Loxística Sanitaria de Galicia. Así, o paro do sector loxístico está a provocar unha redución de entre o 40 e o 50% nas entregas de material sanitario, respecto aos días de actividade normal.

Por este motivo, a Subdirección Xeral de Compras e Servizos Xerais do Servizo Galego de Saúde está a adoptar diferentes medidas, co obxectivo de minimizar ao máximo o impacto da folga no subministro de material aos centros sanitarios.

Entre as decisións acordadas, o Servizo Galego de Saúde está a contactar cos provedores máis importantes que non están a realizar entregas na Plataforma estes días, para acordar posibles solucións no que atinxe ao transporte.

Así mesmo, o departamento sanitario da Xunta facilitou acreditacións ás empresas con cargas completas e habituais para o Sergas, nas que se advirte dun xeito específico que transportan material sanitario para a Plataforma Loxística da sanidade galega.

Do mesmo xeito, acordou flexibilizar o horario de entregas e a recepción do material na Plataforma loxística de Negreira, unha actividade que se podería levar a cabo mesmo en horario nocturno.

Ademais, o Servizo Galego de Saúde tamén identificou os artigos almacenables con existencias por baixo do seu stock de seguridade, na procura de buscar alternativas, no caso de ser preciso.

Deja una respuesta

Hide picture