Vigo, Galicia
General Portada

Política social firma sendos convenios con Cogama y Asogapem para promover actividades de envejecimiento activo en Vigo

O Goberno galego achega 26.000 euros para por en marcha actividades culturais, de convivencia e fomento do asociacionismo de maiores, entre outras, así como para manter e exercitar a axilidade mental dos usuarios


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, asinou senllos convenios coa Confederación Galega de organizacións de Maiores (Cogama) e coa Asociación Galega de Persoas Maiores, xubilados e pensionistas (Asogapem) para o financiamento de actividades sociocomunitarias de convivencia e fomento do asociacionismo, ademais de iniciativas de mellora e mantemento da axilidade mental para os maiores. A través deste acordo, o Goberno galego achegará un investimento de 26.000 euros a ambas entidades, con sede en Vigo.

Así o informaron hoxe a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, tras o encontro que ambos mantiveron co presidente de Confederación Galega de Organizacións de Maiores, José Piñeiro Bernárdez.

En concreto, a Consellería de Política Social outorga 16.000 euros a Cogama para que desenvolva diferentes actividades de índole cultural, de convivencia e fomento do asociacionismo de maiores, e de animación á lectura dirxidas ós maiores. Pola súa banda, a través deste acordo Asogapem recibe 10.000 euros para desenvolver iniciativas para manter e mellorar a axilidade mental dos usuarios grazas a actividades como charlas sobre a proteción xudicial das persoas maiores.

O Goberno galego reforza, así, unha das súas prioridades en materia social, para a que busca colaborar coas distintas entidades dedicadas a axudar ás persoas maiores a vivir esta etapa das súas vidas da mellor maneira e como e onde decidan.

20211108ReunionConfederacionOrganizacionsMaiores

Deja una respuesta