Vigo, Galicia
General Vigo

La delegada de la Xunta, Marta Fernández-Tapias, propone fijar la sede del consorcio casco viejo de Vigo en un local propiedad del organismo, en herrería 45

  • A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta de Galicia sinala que o local, preto do Paseo de Alfonso, contribuirá a dar unha maior visibilidade ao organismo
  •  Asemade, indica que a decisión de ocupar un baixo en propiedade outorga maior seguridade ao non depender dunha autorización supeditada ao interese municipal
  •  A proposta será sometida mañá a votación nun consello extraordinario no que se abordará o futuro de Berbés 7, continuando coa rehabilitación da fachada marítima

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, avanzou hoxe a proposta de fixar a sede do organismo público nun local da súa propiedade, concretamente no baixo de Ferrería 45, un edificio rehabilitado no 2017. Unha decisión que, dixo, será sometida a votación mañá nun consello extraordinario no que tamén se abordará o futuro de Berbés 7, continuando así coa recuperación da fachada marítima.

Dous temas que, apuntou, se tiñan que abordar con máxima urxencia, especialmente no caso do ente rehabilitador pois, recordou, o desafiuzamento das actuais instalacións na Praza da Princesa, nas que o Concello prevé reformas, será inminente.

Segundo detallou, pola súa situación, moi próxima ao Paseo de Alfonso e polo feito de situarse en planta baixa, o local elixido para albergar a sede permanente do CCVV contribuirá a dar unha maior visibilidade que as instalacións actuais e a mellorar a accesibilidade, ao atoparse nunha planta baixa.

Por outra banda, indicou que o emprazamento axústase ás esixencias dos estatutos (uso administrativo destinado a oficina) e é congruente cos obxectivos de rehabilitación integral do conxunto histórico, incorporando usos compatibles co de residencia.

Asemade, Fernández-Tapias defendeu que a ocupación dun local en propiedade outorga maior seguridade ao non depender dunha autorización supeditada ao interese municipal. Neste senso, recordou que dende a súa constitución o CCVV non dispuxo dunha sede definitiva, ocupando a cedida provisionalmente polo Concello de Vigo na praza da Princesa . Tal circunstancia provoca que periodicamente se teña que subscribir un convenio que permita o uso do inmoble, condicionado ás necesidades municipais que poidan requirir en calquera momento a súa reversión, argumentou.

Como exemplo, a presidenta do CCVV referiuse ao feito de que, dous meses despois de aprobar a derradeira cesión de uso do inmoble que ocupa na actualidade aprobouse un proxecto que obriga a suspendelo, en clara referencia ás obras de reforma integral anunciadas polo Concello. Entende, por tanto Fernández-Tapias, que a mellor solución para evitar esta situación de dependencia e incerteza é destinar un dos locais dos que dispón o Consorcio para a nova sede.

En canto ás características do local, indicou que as proporcións son similares ás actuais e que as obras que se precisan son as mínimas para o seu acondicionamento, por un importe que non superaría os 26.000 euros e que incluiría os gastos derivados do traslado. O prazo de execución das obras estímase nun mes.

Deja una respuesta

Hide picture