Vigo, Galicia
General Vigo

La CIG-Salud de Vigo advierte que la nueva venta del hospital Povisa compromete el derecho la una asistencia sanitaria de calidad

Aposta pola xestión pública do centro médico e insiste na necesidade de garantir recursos para dar unha atención digna

Unha vez que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia vén de autorizar a venda do grupo
valenciano Ribera Salud, propietario de Povisa, ao francés Vivalto Santé, a CIG-Saúde reitera a súa preocupación
ao entender que este novo movemento empresarial compromete o dereito a unha asistencia sanitaria de
calidade para milleiros de persoas na área de Vigo.
Dende a central sindical sinalan que con este tipo de operacións “evidénciase o risco de converter o coidado da
nosa saúde nun negocio privado, no que compran e venden centros sanitarios en función dos intereses
económicos dos accionistas das compañías que os xestionan, co obxectivo de minimizar os custes e maximizar
os beneficios”. Neste senso, consideran especialmente grave que isto suceda cun hospital como Povisa, que
mantén un concerto co Sergas para darlle asistencia a 135.000 persoas na área sanitaria de Vigo.
Lembran que xa no ano 2019 rexeitaran a venta de Povisa a Ribera Salud, defendendo como alternativa a
compra do hospital pola Xunta e a súa xestión con criterio de servizo público, “compaxinando os dereitos das
persoas traballadoras de Povisa e os intereses da sanidade pública”.
Agora, ademais, o novo proceso de venta dáse nun contexto “sensíbel” ao estarse negociar o convenio
colectivo, que levaba paralizado desde 2010, e que ten especial importancia na mellora das condicións de
traballo do persoal de Povisa que levan máis de 10 anos “conxeladas”.
Fronte a isto, a CIG-Saúde segue a defender que é preciso garantir recursos asistenciais públicos para dar unha
atención 100% pública ao conxunto da área sanitaria de Vigo, e continua apostando pola xestión pública do
hospital Povisa para poder planificar en base ás necesidades da poboación e non en base aos intereses das
empresas privadas. “Así mesmo defendemos que a mellora das condicións laborais do persoal de Povisa non se
pode ver condicionada polo continuo cambio de empresas”.

Deja una respuesta