Vigo, Galicia
Vigo

Medio centenar de cardiólogos debaten en el Álvaro Cunqueiro sobre los tratamientos intervencionistas de la Tricúspide.

― O Álvaro Cunqueiro foi o primeiro hospital de España en implantar no corazón válvulas tricúspide a través de catéter

― Levan realizadas máis de 60 intervencións minimamente invasivas no que se aborda a válvula desde acceso femoral ou xugular, sen necesidade de abrir o esterno

― Supón un avance moi importante para os pacientes con insuficiencia de tricúspide, dado que ata agora estaban infratratados por representar un alto risco cirúrxico

― A válvula tricúspide é a que regula o fluxo sanguíneo entre o ventrículo e a aurícula dereita do corazón

Medio centenar de cardiólogos reuníronse no Hospital Álvaro Cunqueiro para debater sobre os últimos avances nos tratamentos da válvula tricúspide, baixo o paraugas do PCR Tricuspid Focus Group.

Hai que recordar que os servizos de Cardioloxía e Cirurxía Cardíaca da Área Sanitaria de Vigo realizaron o pasado ano, por primeira vez en España, implantes no corazón de válvulas tricúspide transcatéter.

Polo de agora, xa levan tratado 60 pacientes con procedementos mínimamente invasivos, entre reparación e reemplazo da válvula, que están dados de alta e presentan unha evolución favorable.

As novas técnicas consisten en reparar ou cambiar a propia válvula tricúspide do paciente, cando esta non realiza a súa función correctamente, con dispositivos que se introducen por un catéter a través dunha punción da vena femoral ou xugulara. Ata agora, o tratamento desta valvulopatía realizábanse con cirurxía convencional; isto é, a corazón aberto, o que supón abrir o esterno e, moitas veces, parar o corazón do paciente como na cirurxía extracorpórea.

Segundo afirma o cardiólogo do comité organizador desta xuntanza, Rodrigo Estévez-Loureiro “con este encontro queremos actualizar os coñecementos e visibilizar esta enfermidade e os seus tratamentos, xa que ata hai pouco a insuficiencia tricúspide era unha patoloxía infratratada, por representar un alto risco cirúrxico. Grazas ás novas técnicas que evitan abrir o esterno e parar o corazón, os tratamentos intervencionistas son menos agresivos, máis seguros, e presentan menos complicacións. Así mesmo, tamén buscamos concienciar á comunidade cardiolóxica para unha derivación precoz que nos permita seleccionar mellor ós pacientes para que reciban corrección de dita valvulopatía, xa sea por medios cirúrxicos ou intervencionistas ”

Insuficiencia da tricúspide

A válvula tricúspide separa o ventrículo dereito da aurícula dereita do corazón, e regula o fluxo sanguíneo entre ambas cavidades. A válvula se abre para que o sangue pase, e cando non pecha

correctamente se produce regurxitación. Isto é, o refluxo do sangue que retrocede cara ás veas principais en lugar de desprazarse adiante e chegar aos pulmóns para recoller osíxeno.

Ás veces, se esta insuficiencia é grave pode cursar con síntomas como cansazo, debilidade, inchazón de abdome, pes e nocellos, o cal limita de forma moi importante a calidade de vida dos doentes, ademais de impactar de xeito negativo na supervivencia dos mesmos.

Gran experiencia no Álvaro Cunqueiro

O servizo de Cardioloxía do Alvaro Cunqueiro conta con 3 laboratorios de Hemodinámica dedicados ao intervencionismo coronario e estrutural, que abarca unha serie de procedementos para as cardiopatías conxénitas e adquiridas, nas que se inclúen as enfermidades valvulares, obstrucións arteriais e venosas, ecétera. Este servizo realiza uns 2.000 procedementos diagnósticos e terapéuticos anuais.

Neste senso, o Álvaro Cunqueiro conta con gran experiencia nos implantes cardíacos transcatéter, o que supoñen un gran avance para os pacientes, que se poden beneficiar dun tratamento eficaz e seguro, sen as complicacións inherentes á cirurxía convencional.

Deja una respuesta

Hide picture