Vigo, Galicia
Vigo

La Asociación de Vecinos de Teis, exige la reposición de todos los servicios de las líneas de autobús.

A Asociación Veciñal de Teis, esixe a Vitrasa a reposición de todos os servizos das liñas de autobús que acaban en Teis ou pasan pola nosa parroquia, que funcionaba antes da folga.    

Que segundo os servizos publicados por Vitrasa, desde este  12 de marzo, logo do fin da folga, hai unha morea de recortes nas liñas: L31,L17, H3, L10, L24,L4A.

Os recortes nos servizos aos hospitais  L31 e H3.

Desde a Asociación, sendo  grave a  redución de todos  servizos  nas liñas de autobús, é preocupante a redución de servizos na  liña L31 e H3, que comunican cos hospitais. No caso da liña L31, que comunica  co hospital Meixoeiro, ao longo dun día laborábel hai 9 servizos menos de autobús. O escándalo xa é no caso da liña H3, que comunica co hospital Álvaro Cunqueiro, que só vai contar cun servizo diario de ida ás 7:35 h.

Vitrasa quer eliminar a liña L10 en Teis.

No caso da liña L10, desde a Asociación dirixímonos ao Concello, pois xa durante a folga  pois a empresa Vitrasa, decidiu recorta o percorrido desta liña que  partía do cemiterio de Teis, finalizando durante a folga na praza América. Agora cos novos servizos está liña só vai saír e finalizar en Teis con 4 servizos diarios ( 5:35, 6:15, 7:15, 8:05), mantendo o recorte no percorrido da liña o resto da xornada.    

Recortes nas liñas desde hai tempo

Desde a Asociación nestes anos xa denunciamos que a empresa concesionaria Vitrasa, leva tempo realizando recortes no servizo de autobús como exemplo en Teis, temos os  casos da liña L10 ou L24, que agora xustifica pola baixas do persoal.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos que a empresa Vitrasa, presta un mal servizo a cidade e agora utiliza escusa para xustificar uns graves recortes do servizo de autobús. Non imos aceptar estes recortes, nin que Vitrasa, siga deteriorando  máis o servizo de autobús urbano en Teis e en Vigo.

O goberno municipal de Vigo, é cómplice desta situación, e permite que a concesionaria do autobús Vitrasa, faga recortes dos servizos de autobús agora e antes, sen facer nada.

Por que Abel Caballero, atacaba aos traballadores/as en folga con mentiras. Poren acepta os recortes dos servizos a veciñanza por parte de Vitrasa, sen facer nada.        

Deja una respuesta