Vigo, Galicia
Vigo

La A.V. de Teis, denuncia que faltan 6 médicos en el centro de salud de Teis.

Esta tarde uns 300 veciños/as de Teis, concentráronse diante do centro de saúde de Teis e posteriormente manifestámonos polo entorno do centro de saúde,  para denunciar a falta de médicos polas tardes no centro médico e contra o deterioro da atención primaria.

Hoxe fai un mes que desde a Asociación dirixímonos por escrito, a Antonio Gómez Caamaño, o recente nomeado conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a nosa preocupación e indignación pola falta de persoal no centro de saúde Teis e demandar solucións.

En decembro 2023, xa trasladámoslle este situación tamén por carta o anterior Conselleiro de Sanidade, logo de 4 meses a situación do centro de saúde segue sen solucionarse.

A falta de médicos padecémola desde novembro de 2023, na actualidade faltan 6 médicos, 1 de mañá e 5 de tarde, dun total de 18 médicos.

Está falta de persoal provoca, que cando solicitas cita para o médico sexa para dentro de 15 días, que as urxencias sexan derivadas o PAC ou que para facer unha analítica teñas cita para un mes. Ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes.

Está situación supón un deterioro da atención sanitaria, na parroquia de Teis, que non pode prolongarse no tempo, como acontece xa noutros centros de saúde do noso país.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, é unha prioridade ter unha sanidade pública de calidade e non imos aceptar recortes no persoal do centro de saúde de Teis.

Deja una respuesta