Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo pide convocar el Consejo Social de la Ciudad para exigir «con firmeza y unidad» a Salida Sur en el 2030

  • A fronte nacionalista chama a sumar forzas esta semana no máximo órgano de participación dos principais sectores locais para trasladar unha posición de cidade en demanda de alta velocidade entre Vigo e Porto
  • Advirte que o Pleno extraordinario anunciado por Caballero apunta a “un axuste de contas en retrospectiva” en lugar de reclamar que o Goberno español priorice esta conexión

Xabier P. Igrexas: “O BNG cremos que un asunto tan relevante para Vigo non pode acabar enlamado como un capítulo máis da lea partidista entre PSOE e PP

video
play-sharp-fill

O Bloque Nacionalista Galego pide convocar o Consello Social da Cidade para enviar unha mensaxe rotunda e de unidade en demanda da alta velocidade entre Vigo e Porto no ano 2030. A fronte nacionalista vén de solicitar ao alcalde, Abel Caballero, que reúna esta mesma semana ao máximo órgano de participación dos principais sectores locais para trasladar unha posición de cidade en demanda desta “estratéxica e irrenunciábel” conexión ferroviaria.

“Fronte ao ruído oportunista, é momento de que a maior cidade galega se exprese de maneira firme e inequívoca para esixir que a Saída Sur sexa realidade, si ou si, en 2030”, reivindicou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que avanzou a “man tendida” das nacionalistas para atinxir acordos que fagan valer “por riba de todo” os intereses de Vigo e de Galiza.

Igrexas considerou urxente expresar unha posición de cidade para “evitar que novamente Vigo e Galiza queden atrás” na mellora das infraestruturas e no despregamento da alta velocidade, tal como se fixo no pasado diante da crise do tax lease ou cando o PP desde o Goberno do Estado e a Xunta pretenderon deixar Vigo sen conexión directa de AVE.

O portavoz municipal do Bloque lamentou a ese respecto o veto do alcalde, Abel Caballero, a que se debatese e votase no Pleno municipal, este pasado luns, a moción de urxencia formulada polo BNG para instar ao Goberno español que axilice a conexión de alta velocidade, sen postergala en favor da liña con Madrid e con compromisos concretos nos Orzamentos Xerais dos vindeiros anos para facela realidade no horizonte do 2030.

Ademais, advertiu que o Pleno extraordinario anunciado polo rexedor para o vindeiro 7 de novembro, que inda non foi convocado formalmente, apunta a converterse nunha “especie de axuste de contas en retrospectiva” polas declaracións do propio Caballero e do voceiro socialista, Carlos López Font.

Rectificación do Goberno español

“O BNG cremos que un asunto tan relevante para Vigo non pode acabar enlamado como un capítulo máis da lea partidista entre PSOE e PP”, valorou Igrexas, chamando a centrar o debate no “aquí e agora” para esixir unha rectificación do Goberno español, após as afirmacións na Cimeira Ibérica do presidente, Pedro Sánchez, e ratificadas despois polo ministro de Transportes, Óscar Puente, de priorizar a conexión Madrid-Lisboa.

“A Saída Sur é unha conexión estratéxica para Vigo, para a súa área e tamén para o conxunto de Galiza, que permitiría reforzar o papel da área viguesa como motor da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal e configuraría a nosa cidade como un nodo ferroviario de primeira magnitude”, manifestou o portavoz municipal nacionalista. 

Deja una respuesta

Hide picture