Vigo, Galicia
Vigo

La A. V. de Teis, denuncia que dos años después del incendio, seguimos sin piscina municipal en Teis.

A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que dous anos despois do incendio da piscina municipal( 28 de maio de 2022) , seguimos sen piscina municipal e  sen avances na anunciada reconstrución.

A piscina pechada provoca que os/as 1500 usuarios/as desta instalación deportiva (piscina e ximnasio), agora teñen que desprazarse a outras instalacións  municipais, como Lavadores e As Travesas

Tamén afecta as actividades extraescolares dos centros educativos de Teis, nalgún caso están desprazados a outra piscina ou sen actividade extraescolar.

En agosto de 2023, Abel Caballero anunciaba que se iniciaba o proceso de reconstrución da piscina municipal de Teis, 9 meses despois non aínda redactado o proxecto de reconstrución da piscina municipal.

Debido a falta de capacidade de xestión do  goberno municipal ao longo deste ano 2024 tampouco estará realizada a reforma da piscina municipal de Teis.

RECUPERAR A PISCINA E CREAR UN GRAN COMPLEXO DEPORTIVO NA ETEA “ MAIS QUE AUGA”

Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora ten que desprazarse polas diferentes instalacións deportivas da cidade.

Desde a Asociación trasladámoslle hai meses a Abel Caballero, a necesidade de mellorar as instalacións deportivas na ETEA, que pasaría pola recuperación da piscina que se cubriu en 2017, que inclúa un spa, ademais da  construción dun amplo ximnasio con varias salas e pistas de padel.

Se o espazo actual das instalacións deportivas que xestiona o Concello de Vigo,  fora insuficiente podería utilizarse parte dos terreos lindeiros do PS6, área de usos complementarios, da ETEA.

Isto permitiría a Teis, contar cun gran complexo deportivo, crear un “ Mais que auga na ETEA “, como teñen outras parroquias e barrios, nun lugar único como a ETEA , e que permita a veciñanza realizar todo tipo de actividades deportivas ( aerobic, zumba, mantemento, etc.).

Deja una respuesta