Vigo, Galicia
Galicia Política Vigo

Podemos-Marea de Vigo considera que boicotear la ley de vivienda como anuncia el PP en Galicia significa que los precios de los alquileres seguirán escalando en Vigo.

A coalición valorou hoxe a nova lei de vivenda como unha oportunidade única para declarar Vigo «zona tensionada» ao cumprir a cidade os criterios que permiten limitar o prezo dos alugueiros

Rubén Pérez, candidato da coalición Marea de Vigo-Podemos á alcaldía de Vigo valorou hoxe como unha lei «pola que a cidade levaba moito tempo esperando», de feito foi nesta lexislatura que se levou «por parte do noso grupo municipal unha moción en novembro do ano pasado pedindo que fora reclamado tamén dende concellos como o de Vigo»

A nova Lei polo Dereito á Vivenda, por fin desbloqueada tralo acordo entre Unidas Podemos, PSOE, ERC e Bildu, permitirá limitar o prezo dos alugueiros en zonas declaradas tensionadas, “é dicir, concellos cuxas rendas de alugueiro superen o 30% dos ingresos medios por fogar e que nos últimos anos subise cinco puntos por enriba do IPC, trala solicitude do Concello en cuestión á comunidade autónoma correspondente”, isto pon o foco directamente no PP que xa anunciou claramente que vai a boicotear directamente á lei impedindo que Vigo poida actuar de xeito inmediato contra a inexistencia de parque de alugueiro na cidade e o incremento de prezos dos mesmos. Ademais, a normativa permitirá o aumento da recarga da cota do IBI para as vivendas desocupadas, “considerándose estas cando están máis de dous anos baleiras e cuxo propietario/a posúe un mínimo de catro” engade.

Para Meli Vázquez, candidata número 2 da lista e voceira local de Podemos, o partido impulsor de esta lei dende o seu inicio, é fundamental o novo mecanismo legal que introduce a nova normativa con respecto á vivenda de protección oficial, xa que o 30% da vivenda de protección oficial que se constrúa destinarase ao parque público do alugueiro, e dese 30% a metade será para o alugueiro social, “o que permitirá a numerosos concellos que actualmente non dispoñen deste parque de vivenda público dotarse desta figura para paliar as graves dificultades de moitas familias a unha vivenda digna e alcanzable” apunta a concelleira.

Vigo segue a ser unha cidade cunha realidade extremadamente preocupante en materia de vivenda, problema que xa viña cronificandose pero que agora un problema xeral que afecta especialmente aos mozos e mozas: a falla de opcións asequibles de vivenda en alugueiro e a inexistencia de alternativa de vivenda pública que poida palialo. Nos últimos meses hai unha preocupación xeneralizada, por exemplo, entre os e as estudantes que buscan alugueiros durante o curso, sendo case imposible atopar vivenda neste réxime a prezo que non sexa desorbitado, pero tamén entre familias ás que os seus contratos de alugueiro rematan ou nas numerosas rendas antigas que aínda temos na cidade que elevan estratosféricamente os prezos ao extinguirse.

Para Podemos-Marea de Vigo esta situación, que nada ten que ver coa existencia de vivenda nova nin coa necesidade de reservar máis vivenda libre no futuro PXOM, ten unha dimensión clara na incapacidade das administracións públicas de mobilizar gran parte do parque de vivenda baleira existente na cidade susceptible de ser empregado sen actuacións de rehabilitación (máis de 18.000 inmobles, o 10,25% do total do parque segundo recoñece o INE e o propio equipo redactor do futuro PXOM), pero tamén afonda a súa causalidade na inoperancia da administración con maiores competencias en materia de vivenda, a autonómica, en dotar a Vigo dun parque público de vivenda que permita a opción do alugueiro, condenando a case inexistente vivenda construída a ser vendida no mercado de compra-venda privada que, aínda con prezo taxado ao ser vivenda con algún grado de protección, segue sendo inalcanzable para unha parte substancial da mocidade e é unha opción que non recolle o feito de que a preferencia maioritaria das máis de 5000 persoas inscritas no rexistro de demandantes de vivenda pública en Vigo é o alugueiro ou o alugueiro con opción a compra.

Pero pese a esta situación, sinala Rubén Pérez, o Concello de Vigo ten e pode actuar dotándose dun parque público ou dun stock accesible de vivendas en réxime de alugueiro. Por iso consideramos necesario que se concrete de xeito claro o formato co que o propio alcalde de Vigo anunciou que o Concello sería promotor directo de actuacións de vivenda protexida en ámbitos como o proxectado nos terreos do actual parque móbil do Concello en Santa Cristina, Lavadores e que se garanta a titularidade municipal dos mesmos para garantir alugueiros con prezos asequibles e mesmo un futuro parque de vivenda social.

Corremos o serio risco de que unha xeración enteira de mozos e mozas non teñan acceso asequible a vivenda digna a curto e medio prazo, a que se cronifique a pobreza lastrada polo uso da meirande parte dos recursos das familias en pagar solucións habitacionais e mesmo de ir perdendo poboación na cidade en beneficio doutros concellos onde a vivenda sexa máis asequible e o dispoñible de vivendas para aluguer máis extenso.

Deja una respuesta

Hide picture