Vigo, Galicia
Galicia Política

José Ramón Gómez Besteiro es proclamado de manera provisional candidato del PSDEG la Presidencia de la Xunta de Galicia.

É o único dos precandidatos que cumpre co requisito de aportar o mínimo do 6% dos avais da militancia para concorrer ás primarias

O deputado socialista no Congreso pola provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, vén de ser proclamado de maneira provisional como candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia ao ser o único dos aspirantes ás primarias que aporta os avais requiridos para concorrer a este proceso.

O equipo de Gómez Besteiro fixo entrega este mércores do máximo de avais permitidos, un total de 1.024 sinaturas, mentres que o precandidato Manuel Losada Fernández non pasou o corte ao non reunir o mínimo dos avais establecidos, que eran 615, equivalentes o 6% da militancia que ten o PSOE en Galicia.

Deste xeito, a Comisión Nacional de Ética do PSdeG vén de proclamar de maneira provisional a José Ramón Gómez Besteiro como candidato á presidencia da Xunta nas próximas eleccións autonómicas. En caso de que non houbera reclamacións, a proclamación definitiva do candidato producirase transcorridas 24 horas do remato do proceso

Deja una respuesta