Vigo, Galicia
Política

García Comesaña pide “un apoyo mayoritario” la Feijóo “frente a un PSOE ineficaz y negligente” y sus socios, como el BNG

●       O cabeza de lista ao Congreso pola provincia denuncia que Sánchez deixa a Pontevedra “sen avións”, con “estradas cheas de socavóns” e “trens con retrasos e avarías”, “tras máis de oito anos de abandono absoluto”

●       Paula Prado reafirma que o PPdeG ten o mellor equipo de candidatos e candidatas, conxugando a experiencia de ter estado xa nas Cortes Xerais e a ilusión dos que se incorporan por primeira vez

●       Luis López sinala que o PP constitúe a “única solución de futuro para non ter que lamentar que veñan outros catro anos perdidos máis”, e afirma que os militantes “darán o mellor de si mesmos” para volver gañar as eleccións

video
play-sharp-fill

Vigo, 4 de novembro de 2026. O cabeza de lista do PP ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, solicitoulle aos cidadáns un “apoio maioritario e unha confianza rotunda” en Alberto Núñez Feijóo o próximo 29 de novembro para que España recupere unha xestión eficaz, unha fiscalidade xusta e unha atención real ás necesidades da xente.

O número 1 da candidatura popular sinalou que o único voto útil para os 950.000 pontevedreses é o do PP “fronte a un PSOE ineficaz e neglixente nos servizos públicos e que leva oito anos castigando e discriminado á nosa provincia cos investimentos”; e a outras opcións políticas baseadas no extremismo, os seus socios como BNG. 

Acompañdos pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e polo presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, os candidatos e candidatas ao Congreso e o Senado pola provincia de Pontevedra elixiron Vigo para lanzar as súas primeiras mensaxes na precampaña para as eleccións xerais.

Julio García Comesaña relatou algúns dos agravios e recortes de Pedro Sánchez con Pontevedra: unha provincia sen avións, estradas cheas de socavóns, trens con retrasos e avarías, as cidades de Vigo e Pontevedra sen as infraestruturas que precisan, un intento constante de acabar co noso litoral, un sector agrogandeiro sen defender en Europa, problemas na extensión axeitada de Internet e telefonía móbil, empresarios e autónomos asfixiados a impostos e uns cidadáns que tremen cando teñen que ir ao súper, botar gasolina ou pagar a electricidade. O candidatoavogou pola “experiencia de xestión demostrada” de Alberto Núñez Feijóo para que se atenda á provincia “tras máis de oito anos de abandono absoluto”.

PAULA PRADO: “DIMITIREMOS A SÁNCHEZ NAS URNAS”

A secretaria xeral do PPdeG reafirmouse en que o Partido Popular de Galicia ten o mellor equipo de candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado; sinaladamente, na provincia de Pontevedra, con Julio García Comesaña como número un polo Congreso e cun equipo, en ambas cámaras, que conxuga a experiencia de ter estado xa nas Cortes Xerais e a ilusión dos que se incorporan por primeira vez, contando con perfís mozos.

Neste sentido, puxo en valor que os populares cumpren coa súa palabra a diferencia do PSOE, como demostra a dimisión este martes do xa ex titular de Transporte, Óscar Puente, que asegurou que vén motivada polas enquisas desfavorables a raíz do accidente ferroviario de Urda. En todo caso, lembrou que “o verdadeiro culpable” é Pedro Sánchez, pois foi el quen situou tanto Puente como a José Luis Ábalos á fronte das infraestruturas españolas. “Dimitiremos a Sánchez nas urnas”, subliñou.

Paula Prado, quen insistiu en que os populares non pararán ata coñecer todas as explicacións e ter as garantías de que non se repitan traxedias como a de Urda e a de Adamuz, chamou a recuperar a decencia a partir do 29N, con Galicia como “o motor do cambio”, para deixar atrás a propaganda, a neglixencia e a indecencia, que encarnan o peor da política.

Un cambio -incidiu- que só garante Alberto Núñez Feijóo, como avalan os seus anos á fronte da Xunta, polo que o PP se erixe na “única opción útil” para evitar que Sánchez siga á fronte do Goberno, e devolver a Galicia todo o que lle arrebatou  xunto aos seus socios do BNG estes oito anos coa súa política de recortes e castigo a nosa terra.

Deja una respuesta

Hide picture