Vigo, Galicia
General Vigo

Fernández-Tapias anuncia la licitación por 209.700 euros de las obras de ampliación del vial de acceso y el aparcamiento del Crapd Vigo II

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo sinala que con esta actuación preténdese mellorar a seguridade de entrada e saída ao complexo, aumentar a capacidade actual do aparcadoiro e adecuar os espazos exteriores para actividades grupais
  • Se intervirá sobre unha superficie superior aos 1.000 metros cadrados e os traballos terán un prazo de execución estimado de 4 meses

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou hoxe que o Goberno galego licitará por 209.700 euros as obras de ampliación do viario de acceso e o aparcadoiro do Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes Vigo II.

Segundo confirmou nunha visita ao centro, na que estivo acompañada polo director do CRAPD, Óscar Arroyo Riaño, con esta actuación o Executivo autonómico pretende mellorar a seguridade de entrada e saída de vehículos ao complexo, aumentar a capacidade actual do aparcadoiro e xerar un espazo accesible para as actividades grupais dos usuarios no exterior.

Fernández-Tapias xustificou esta intervención pola coincidencia dos accesos cos viarios de incorporación e abandono da autovía, polos que circulan, dixo, vehículos a unha velocidade elevada. Asemade, mellorarase a visibilidade e maniobrabilidade na zona do acceso principal á residencia.

Uns traballos que, tal e como indicou a representante do Goberno autonómico, serán completados coa ampliación de 20 prazas de aparcadoiro no interior do recinto, evitando así que o persoal e as visitas teñan que atravesar o viario sen paso de peóns nas proximidades.

Deste modo, actuarase sobre unha superficie duns 1.048 metros cadrados, transformando unha zona axardinada do complexo, sen uso na actualidade, nun viario interior e xerando un espazo accesible para as actividades grupais que realizan os usuarios no exterior. Estas obras terán un prazo estimado de execución de 4 meses.

20210512CRAPDVigoAccesos2

Deja una respuesta