Vigo, Galicia
General Portada

Esquerda Unida solicita a paralización do proxecto para a implantación dunha universidade privada vinculada a banca en Galicia

O Consello Económico e Social de Galicia, (CES) vén de emitir o seu ditame sobre o Anteproxecto de Lei de recoñecemento da universidade privada “Universidad Intercontinental de la Empresa”, este ditame recolle unha serie de observacións que obrigan a este Consello a “non poder valorar positivamente” dito anteproxecto polas carencias ou deficiencias que este presenta.

Esquerda Unida considera que a valoración negativa do Consello Económico e Social de Galicia vén dar a razón ás denuncias públicas realizadas xunto cos sindicatos sindicatos e comunidade universitaria ante a implantación dunha universidade pública en Galicia. O anteproxecto de lei presentado pon en evidencia as intencións desta entidade bancaria na implantación dunha universidade privada para beneficio propio e moi lonxe de ser unha ferramenta útil para a sociedade galega.

Así o manifestouresponsable de estratexias para o conflito de Esquerda Unida, Guillermo Crego: “A proposta que lanza o capital venezolano en Galicia por medio da súa marca Abanca é claramente inconcreta na súa oferta académica e non vai aportar nada positivo para o interese social das galegas e galegos. A ausencia de actividade investigadora e a súa consecuente falla de xustificación económica debería ser suficiente para que este disparate académico remate na papeleira da historia da educación en Galicia”. 

Segundo Crego, todo indica que “esta proposta non vén a mellorar absolutamente en nada a oferta formativa universitaria en Galicia, máis ben o contrario, vén a competir por interese meramente económico e ideolóxico coa excelencia e eficiencia das Universidades Públicas en Galicia”

Por todo isto, desde Esquerda Unida ao igual que sindicatos e os tres reitores das universidades públicas en Galicia, solicitamos á Consellería de Cultura, Educación e Universidade o rexeitamento da solicitude do proxecto “Universidad Intercontinental de la Empresa” na que abondan múltiples irregularidades normativas como así o confirma o informe de alegacións ao anteproxecto de lei das universidades de Vigo e da Coruña.

Deja una respuesta