Vigo, Galicia
Galicia Vigo

El presupuestos de la Xunta para 2027 alcanzan 1.100 M€ en el Área sanitaria de Vigo.

— Esta cifra, que supón un incremento dun 5,59% con respecto ao ano pasado, inclúe gastos de persoal, de funcionamento, de prestación farmacéutica e investimentos

— Vaise realizar un investimento de máis de 8 millóns de euros en diversas actuacións, tanto no Chuvi como na construción dos novos centros de saúde de Mos e Ponteareas, ambos en fase de proxecto

— Entre as partidas máis importantes da atención hospitalaria cabe subliñar os 1,6 M€ para a reformas das Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro; e os 2,4 M€ para as reformas das Unidades de Maxilofacial e de Reprodución Humana Asistida do Meixoeiro

video
play-sharp-fill

A Área Sanitaria de Vigo disporá o próximo ano 2027 de máis de 1.100 millóns de euros. En total, tal e como se recolle no proxecto de orzamentos, o goberno galego destinará 1.111,9 millóns á atención sanitaria de Vigo e comarca. Isto supón un incremento dun 5,59% máis que o pasado ano.

Este orzamento abrangue o Capítulo I destinado ao pagamento das nóminas do persoal, tanto dos centros de saúde como dos hospitais; o Capítulo II, gastos de funcionamento, inclúe produtos farmacéuticos e material sanitario, implantes, laboratorios e outros. O Capítulo IV diríxese aos gastos derivados da prestación farmacéutica -receitas- e ortoprotésica; mentres que o Capítulo VI é o dos investimentos.

Más de 8 M€ de investimentos para Primaria e Hospitais

A Xunta de Galicia prevé realizar uns investimentos de 8,4 M€ na sanidade pública viguesa. Destes, 4,1 M€ irán dirixidos á Atención Primaria e 4,3 M€ para as obras e equipamentos das diversas actuacións previstas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Así, atención hospitalaria recibirá unha partida de 1,6 M€ para a reforma das Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro, que se van licitar nas vindeiras semanas.

Para actuacións no Hospital do Meixoeiro está prevista unha dotación de 2,4 M€: reforma da Unidade de Maxilofacial (1,018 M€), a obra para a Unidade de Reprodución Humana Asistida (1,017 M€), así como a adquisición dun novo mamógrafo (393.250 €) .

Tamén, para a Unidade Infanto-Xuvenil do Nicolás Peña, no marco das actuacións previstas no Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia, está consignada unha partida de (0,24 M€).

Novos centros de saúde en Mos e Ponteareas

Dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, dótase o crédito para as anualidades previstas para a construción de novos centros de saúde nos Concellos de Mos (2,17 M €), actualmente estase a redactar o proxecto; e Ponteareas (1,94 M€), co proxecto en fase de adxudicación.

Para actuacións como os novos centros de saúde de O Rosal (no momento en que se dispoña do terreo) ou o Centro Integral de Saúde do Morrazo en Cangas (para o cal tamén se está pendente da posta a disposición da parcela polo Concello para poder licitar o proxecto), hai unha partida xenérica consignada co fin de poder licitar aqueles proxectos que se poidan desenvolver durante o exercicio

Deja una respuesta

Hide picture