Vigo, Galicia
Política

El PP Provincial lamenta que Regades persista en las “políticas inútiles y de confrontación” que son rechazadas por la mayoría de los pontevedreses y augura un mayor declive de los socialistas

● Luisa Piñeiro lamenta que o PSOE revalide na súa cita congresual “a historia do fracaso” tras experimentar fortes retrocesos nas catro últimas
eleccións, “que son a resposta dos cidadáns ao maltrato do Goberno central defendido polos socialistas pontevedreses

● “As palabras de Regades asegurando que van recuperar a Deputación lémbrannos moito as de Carmela Silva antes das municipais de 2023
garantindo que era imposible que o PP recobrara o goberno provincial, polo que lle pedimos menos prepotencia e máis traballo”, sinala

O PP Provincial de Pontevedra vén de lamentar que o reelixido secretario xeral dos socialistas neste territorio, David Regades, persista,
durante a súa proclamación, nas “políticas inútiles, de castigo e discriminación a provincia e de controntación propia do PSOE vigués”, xa que son rexeitadas pola
maioría dos cidadáns, polo que augurou un maior declive desta formación nas próximas citas electorais tras as catro derrotas e os fortes retrocesos
experimentados nas convocatorias de 2023 e 2024.

A secretaria xeral do PP Provincial, Luisa Piñeiro, lamentou deste xeito que o PSOE revalide na súa cita congresual “a historia do fracaso” dos últimos dous anos
tras perder 30.000 votos e a Deputación de Pontevedra nas Municipais, quedar 48.000 sufraxios por debaixo dos populares nas Xerais de 2023, baixar 29.000
apoios e dous escanos nas Autonómicas de 2024 e deixarse 70.000 papeletas nasEuropeas do pasado xuño. “Estes resultados non son froito da casualidade, son a
resposta constante e crecente dos pontevedreses ao maltrato continuo do Goberno de España á nosa provincia que é defendido, aplaudido e xaleado polos socialistas
pontevedreses”, aclarou.

A número 2 do PP calificou de “chiste” a suposta unidade do PSOE da que sefachendou Regades, que lembrou que é o “candidato-dedazo e interposto polo
alcalde de Vigo, polo que ten as mans atadas e nulo poder de decisión, polo que segue as súas directrices de enfrontamento continuo e terra queimada que tanto prexudican aos pontevedreses”. Tamén tildou de “broma” o anuncio do reelexido

secretario de que queren seguir medrando, “xa que ou non sabe contar ou vivenunha realidade paralela, porque o PSOE na provincia o que está é baixando
fortemente e máis ben debería adicarse a conter este desplome, aínda que, dado oseu respaldo ás políticas dos seus compañeiros de Madrid, danos a impresión de
que van seguir costa abaixo”.

Luisa Piñeiro tamén se referiu á afirmación de Regades sinalando que en 2027 van recuperar a Deputación de Pontevedra e recomendoulle “menos prepotencia
socialista e que, en beneficio dos pontevedreses, aposten máis polo traballo, doque adoecen bastante, e humildade, que son as receitas que lles ofrecemos desde
o PP”.

“As palabras de Regades asegurando que van recuperar a Deputación en 2027lémbrannos moito as de Carmela Silva antes das municipais de 2023 garantindo
que era imposible que o PP recobrara o goberno provincial e a historia está aí.Pero se eles son felices con estas bravatas e excesos de confianza, pois alá eles,
pero os pontevedreses queren que se lles atenda, non escoitar frases baleiras que non cre ninguén”, sinalou, antes de precisarle que “o que sabe todo o mundo é que
o PP vai gañar as municipais e agardamos que, polo noso traballo, obteñamos a confianza maioritaria dos pontevedreses, mentres que o PSOE só está rezando
para que non teñamos a maioría absoluta e poder reeditar un infausto bipartito de perdedores co BNG”.

Deja una respuesta