Vigo, Galicia
General Política Vigo

Personal de FCC en Vigo se moviliza para denunciar que la mutua se niega a dar bajas en caso de dolencia laboral

O comité da concesionaria da recollida do lixo baralla presentar unha demanda penal contra FREMAP por negar atención médica

Un nutrido grupo de traballadores/as de FCC, concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria
do Concello de Vigo, desenvolveu hoxe unha concentración diante de FREMAP para denunciar que a mutua
se nega a dar baixas no caso de doenzas laborais. Ademais, o comité de empresa baralla presentar unha
demanda penal porque a mutua se nega tamén a prestar atención médica nalgúns casos.
Dende a representación da CIG no comité explican que o xeito de proceder habitual por parte de FREMAP
un caso de que un traballador/a sufra un percance durante a súa xornada laboral consiste en realizar
radiografías, “porque se trata das probas máis baratas”, e despois asegurar que a doenza que presenta o
empregado/a non ten nada que ver co desenvolvemento do seu traballo.
“O que fan é desentenderse absolutamente, polo que nos vemos obrigados/as a acudir á Seguridade Social
para que nos dea a baixa no caso de que non poidamos seguir a realizar o noso labor; e despois temos que
reclamar a continxencia profesional”, sinalan. Trátase dunha reclamación administrativa que non sempre é
favorábel para o afectado/, “pero si o é até o de agora no 100% dos casos a reclamación posterior, que é
por vía xudicial”.
Neste senso, aseguran que o que acontece é que FCC e a mutua póñense de acordo para intentar reducir ao
máximo o recoñecemento dos accidentes laborais, “algo do que se beneficia a empresa ao obter maior
puntuación nos concursos públicos aos que se presenta”. Por iso decidiron convocar unhas mobilizacións
que arrincaron hoxe diante de FREMAP, na rúa Pizarro, e que continuarán este xoves 19 nas oficinas de FCC
na rúa Tarragona de 11:30 a 12:30 horas.
Ao mesmo tempo, dende a representación sindical adiantan que están a estudar a presentación dunha
demanda penal contra a mutua porque nalgúns casos mesmo se está a negar a prestar atención médica,
“algo que non sucedera até o de agora”. Sucedeu recentemente cunha traballadora que se presentou cun
problema derivado da súa labor. “Non lle deron a baixa, volveu ao cabo dun par de días porque seguía con
moita dor, pero negáronse a atendela de novo”, censuran

Deja una respuesta