.Nunha das semanas con máis afluencia de visitantes que tivo a cidade de Vigo,o servizo de
extinción de incendios segue a estar baixo mínimos.
O parque de Coruxo está dende as 9:00 do día 11 de Decembro,pechado por falta de persoal.
Toda a cidade ten agora mesmo,para a súa protección,a 14 bombeiros,dos 21 que deveria
ter.Destes 14 so dous son conductores, polo que os máis de vinte vehículos dos parques están
inutilizados en caso de emerxencia. A cidade conta soamente cun vehículo escaleira e unha
saída para facer fronte a súa seguridade,cando debería ter tres saídas completas e seis
conductores.
O servizo de bombeiros hoxe non podería levar a cabo ninguna intervención de magnitude
media,nin cubrir a metade da cidade nun tempo axeitado,nin atender a dúas emerxencias a
vez.Preguntamos os responsables da seguridade que pasaría hoxe se temos que atender a
unha emerxencia como a de Alfonso X ou o Marisquiño?
Os responsables de ter o servizo en plenas condicións están facendo deixadez de funcións e
outra vez máis deixando a toda a cidadanía de Vigo desatendida.
Non podemos deixar de denunciar públicamente está situación,xa que é a nosa obriga como
servidores públicos.Vemonos abandoados por esta corporación,que non entende da
importancia para a cidade de ter un servizo completo de bombeiros,e o perigo de estar nas
condicions actuais.
Vigo
El parque de Coruxo de bomberos está cerrado por falta de personal
- diciembre 11, 2023
- 0 Comentarios
- hace 2 años
Comparte esta noticia:
Noticias relacionadas
Vigo
Éxito en la huelga de 24 horas de Vitrasa que vuelven tomar las calles de Vigo
septiembre 22, 2023
