— Supón a incorporación de Endocrinoloxía pediátrica a INNODIA, a maior rede europea de investigación clínica e traslacional sobre diabetes tipo 1
— Esto foi posible grazas á coordinación co IIS Galicia Sur e ao traballo en equipo multidisciplinar dos servizos de Endocrinoloxía, Pediatría, Farmacia, Análises Clinicas e a Asociación de Pacientes Anedia
— A Área Sanitaria de Vigo participa no maior ensaio mundial, Beta-preserve, con 8 pacientes, para investigar a eficacia e seguridade do primeiro fármaco aprobado para atrasar o inicio clínico desta enfermidade
— No momento actual, o Cunqueiro atenden a 150 nenos e nenas menores de 16 anos con diabetes tipo 1
A sección de Endocrinoloxía Pediátrica da Área Sanitaria de Vigo acaba de obter o recoñecemento como centro investigador de INNODIA, o que permitirá ao hospital participar en ensaios clínicos internacionais para a diabetes tipo 1. Esta acreditación reforza o compromiso da área sanitaria viguesa coa investigación e o acceso a terapias innovadoras para esta enfermidade.
INNODIA é a maior rede europea de investigación clínica y traslacional sobre a diabetes tipo 1. O seu obxectivo principal é comprender mellor como evoluciona a enfermidade e desenvolver estratexias para previr, frear ou modificar a progresión desta patoloxía.
Segundo afirma o endocrinólogo pediátrico, José Luis Chamorro “ este recoñecemento é un respaldarazo á nosa traxectoria e sitúa a nosa area sanitaria no mapa internacional da investigación en diabetes tipo 1. Representa unha oportunidade para avanzar na prevención, o diagnóstico e o tratamento desta enfermidade”.
Participación no maior ensaio clínico mundial
Na diabetes tipo 1, o sistema inmunitario destrúe as células do páncreas que producen insulina, provocando que o paciente presente niveis moi baixos e incluso nulos desta hormona, o que pode provocar graves danos.
Ata hai uns meses, a única opción terapéutica era a insulina permanente, xa sea administrada mediante inxeccións ou bombas. No momento actual, a Agencia Europea del Medicamento (EMA) aprobou o uso de Teizeild (teplizumab), converténdoo no primeiro fármaco aprobado en Europa capaz de atrasar o inicio clínico desta patoloxía.
«A diabetes tipo 1 é unha enfermidade silenciosa, sin síntomatoloxía, e cando aparecen os síntomas, a destrución do páncreas xa está avanzada. Nos últimos anos progresouse moito no seu coñecemento, como na definición de diferentes estadios da enfermidade e a detección de novos mecanismos moleculares que sirvan como base para establecer un cribado, que xa estamos levando a cabo no Álvaro Cunqueiro. Os casos que se detecten de forma temperá, poden ser candidatos a esta nova medicación que frea o avance da enfermidade”, explica o Dr.Chamorro.
Nestes movementos estase desenvolvendo un ensaio mundial, o Beta-preserve, para investigar a eficacia e seguridade deste fármaco, e oito pacientes da area viguesa están participando no mesmo.
150 nenos e nenas menores de 16 anos con diabetes tipo 1
A Unidade de Diabete Infanto-Xuvenil do Hospital Alvaro Cunqueiro é unha estructura multidisciplinaria y transversal que integra a asistencia, educación e a investigación. Atenden a 150 nenos e nenas menores de 16 anos con diabetes tipo 1. Anualmente diagnostícase entre 15 e 20 novos casos na Área Sanitaria de Vigo.
O Álvaro Cunqueiro conta coa tecnoloxía máis avanzada para evitarlles aos nenos e nenas as múltiples picadas que tiñan que realizarse para medir a glicemia en sangue, mellorando asi a súa calidade de vida. Así, a día de hoxe, todos os pequenos pacientes do CHUVI dispoñen de monitorización de glicemia; isto é, sensores implantados no pel que lles permiten realizar todas as medicións de glicosa que desexen sen necesidade de picarse.
Ademais, dado que todos os menores con diabetes son pacientes crónicos, dependentes da insulina, que necesitan inxectarse esta hormona entre 4 e 6 veces ao día, tamén ofértaselles a utilización dos infusores subcutáneos continuos de insulina, as chamadas bombas de insulina. De feito, o 92% dos pacientes son usuarios de bomba de insulina.
Trátase dun sistema que regula e administra a cantidade da insulina de xeito automático tras a integración dos valores de glicemia obtidos polo sensor. Así, se o sistema prevé ou detecta que o paciente vai presentar unha hipoglucemia, suspende a infusión de insulina, mentres que se está en hiperglicemia pode incrementar a dose a administrar.

