Vigo, Galicia
Vigo

El gobierno local licita la obra para la regeneración de Samil

En la Xunta de Goberno da obra na Fase 1B que humanizará 450 metros da Avenida de Samil cun importe de 1.800.000 euros. O Ministerio para a Transición Ecolóxica é o encargado da Fase 1A que inclúe o novo paseo e a rexeneración dunar.

O gobiernoLocal anunciou a licitación das obras para a rexeneración dunar da praia de Samil na súa primeira fase, que comprende desde a praia da Fonte ata o a zona da pista de patinaxe. O goberno local inviste 1.800.000 euros na Fase 1B, que corresponde á humanización da Avenida de Samil. O Goberno de España a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica fará a Fase 1A, que inclúe o paseo e a rexeneración das dunas, cun importe de 2.126.150 euros. “Case 4 millóns de euros para ter máis praia, más paseo e humanizada a primeira parte da Avenida de Samil”, declarou o rexedor. As obras terán un prazo de execución de 9 meses.

A actuación na Fase I abarca 450 metros da Avenida, que acondicionarase para convertela nun tramo urbano: “Imos facer accesibles as zonas de aparcamentos en terra, con prazas en oblicuo de 4,6 metros de ancho e unha beirarrúa de 2,5 metros de ancho”. Na beirarrúa da praia renovarase o pavimento actual por outro novo drenante e terá un ancho de 6 metros, cunha saída natural ao paseo que construirá o Goberno de España.

A humanización inclúe medidas para o calmado do tráfico con pasos de peóns resaltados. Haberá novas luminarias led, renovación de abastecemento e saneamento, nova señalización e mobiliario urbano.

Deja una respuesta

Hide picture