Vigo, Galicia
Vigo

El director general de asistencia sanitaria supervisa los servicios que el Sergas ofrece en las viviendas de acogida de la asociación Érguete, de Vigo

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas, visitou esta mañá en Vigo a sede da asociación Érguete, de prevención e intervención en condutas adictivas.

O Servizo Galego de Saúde, dentro do circuíto asistencial para o tratamento dos trastornos adictivos dispón de recursos complementarios como os programas de incorporación social de apoio. Neste sentido, a Xunta concedeu á Érguete unha subvención de máis de 165.000 euros para tres vivendas de apoio supervisado. Unha das vivendas está destinada a mulleres, e as outras dúas a homes.

Jorge Aboal interesouse polo traballo desenvolvido para apoiar ás persoas en tratamento de deshabituación de trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha vida autónoma.

Ademais, o Sergas ten asinado un convenio coa asociación Érguete que atinxe tamén á atención xurídico-social por un importe de 163.788 euros en 2023 e, nos orzamentos do ano 2024, ten asignado un incremento do 7,5%, de xeito que a contía superará os 176.000 euros. A través deste convenio, desenvólvese un programa para a prestación de asistencia profesional e gratuíta ás persoas con condutas adictivas e aos seus achegados, de ser preciso.

Deja una respuesta

Hide picture