Vigo, Galicia
Vigo

El Concello informa que hay un detenido por el incendio en el pabellón de El Carmen en Vigo

Ás 23:21 horas desta noite o 112 comunicou á Policía Local
e aos Bombeiros un incendio nas instalacións do pavillón do Carmen. Cando os bombeiros
chegaron ás Travesas, estaban alí Policía Local e Policía Nacional e os efectivos conseguiron
sufocar o lume en poucos segundos, segundo recolle o parte dos bombeiros.
Como consecuencia do incendio queimouse material de ximnasio e mobiliario polo que, ao
longo do día de hoxe, técnicos municipais traballarán para reubicar as actividades de
adestramento en seco de natación, danza e natación sincronizada. Os bombeiros apagaron
en segundos o incendio da rúa Carmen e deron cobertura tamén a unha “falsa alarma” que
de forma paralela se produciu na rúa Jacinto Benavente.
Segundo recolle o parte da Policía Local procedeuse á detención dunha persoa, que foi levado
a un centro médico. Trasladamos novamente o noso recoñecemento á actuación dos
bombeiros por unha actuación impecable, sufocando o lume en poucos segundos e dando
cobertura a unha falsa alarma.

Deja una respuesta

Hide picture