Vigo, Galicia
Galicia

El Concello de Mos repone 50 unidades de tapas de pluviales y alcantarilla que fueron robadas durante la última semana

As substraccións localízanse en catro zonas concretas e a Garda Civil xa se atopa inverstigándoas tras a pertinente denuncia municipal

O tenente alcalde do Concello de Mos e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil mosense de Servizos Públicos, Baldomero Lorenzo, informaron de que a administración local vén de repoñer un total de 50 tapas de pluviais e alcantarilla que foron substraídas durante a última semana.

Os roubos das devanditas tapas producíronse en catro zonas diferentes: na Estrada Puxeiros-Peinador ao seu paso pola parroquia de Torroso, na Avenida de Sanguiñeda, na Estrada Santiaguiño-Os Valos e na Estrada das Baloutas, preto xa do Alto de Barreiro.

Os representantes municipais Grandal e Lorenzo, explicaron que xa se atopa interposta a pertinente denuncia perante a Garda Civil, que está a investigar os sucesos. Así mesmo os concelleiros lamentan que se estean a producir “estes feitos que provocaron a desaparición de medio cento de tapas de pluviais e alcantarilla en viais municipais, unha perda valorada en alomenos 2.000 euros”, apuntaron mentres supervisaban esta mañá en Torroso varias das tapas repostas na Estrada das Baloutas.

Deja una respuesta

Hide picture