Vigo, Galicia
General Vigo

El comité de Vitrasa denuncia la vulneración del derecho de huelga con servicios mínimos abusivos y encubiertos

  • A representación do persoal da concesionaria do transporte urbano vigués vai impugnar o decreto do Concello

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, denuncia a vulneración do dereito de folga coa imposición duns servizos mínimos abusivos e encubertos, ao tempo que a anuncia que impugnará o decreto do Goberno local. Segundo sinalan dende a representación do cadro de persoal, os servizos mínimos decretados para os paros parciais iniciados hoxe para rexeitar o exceso de xornada e os incumprimentos da empresa son do 60,8%, superiores ao 50% establecido na folga do pasado mes de agosto, a pesar de que nesta ocasión o aforo permitido nos autobuses é maior que daquela e que agora se trata de paros parciais e non de folga. Ao mesmo tempo, censuran que o Concello aumenta aínda máis estes servizos mínimos de xeito encuberto, xa que obriga os autobuses que se atopen en ruta cando comezan os paros a completar o servizo, polo que estiman que nalgúns casos os servizos mínimos vanse elevar até o 80%. “Deste xeito o Goberno local impide o noso lexítimo dereito de folga cuns servizos mínimos desproporcionados que ademais están feitos á carta, semellando incluso que os fixo a propia empresa, tendo en conta que en xuntanzas do comité coa dirección xa nos adiantaran o contido dos servizos mínimos que o Concello impuxo posteriormente a menos de 24 horas do inicio dos paros”, critican dende o comité. Lamentan tamén que o Goberno local non consultase estes servizos mínimos coa representación dos traballadores/as, “de igual xeito que o alcalde leva sete anos negándose a recibir ao comité de empresa”. Diante disto, anuncian a súa intención de impugnar o decreto do Concello e non descartan o endurecemento das mobilizacións. Finlmente, a pesar destes abusivos servizos mínimos, e malia que non contan aínda con todos os datos, amosan a súa satisfacción polo amplo seguimento que están a ter os paros por parte do persoal de condución.

Deja una respuesta