Vigo, Galicia
Política Vigo

El BNG demandará explicaciones la Xunta y Ayuntamiento de Vigo por el vertido de 240 mil metros cúbicos de aguas residuales sin depurar

Esta semana Augas de Galiza autorizou a evacuación de augas sen tratamento de depuración á Ría a través dos aliviadoiros da rúa Coruña e Bouzas.

Xabier P. Igrexas: “O noso litoral non pode seguir sendo tratado como un grande sumidoiro”

O Bloque Nacionalista Galego esixirá explicacións tanto á Xunta de Galiza como ao Concello de Vigo polo vertido de 240 mil metros cúbicos de augas residuais urbanas sen depurar. A mesma produciuse ao longo desta semana a través dos aliviadoiros da rúa Coruña e de Bouzas, e contaría coa autorización de Augas de Galiza.

O concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, esixiu que os gobernos municipal e galego aclaren as causas desta decisión. “É intolerábel que se sigan vertendo augas residuais sen depurar á nosa Ría, e que se faga sen explicar os motivos e coa autorización de Augas de Galiza”, explicou.

Desde a fronte nacionalista anuncian iniciativas tanto a nivel municipal como no Parlamento galego para esixir responsabilidades por estas novas verteduras.

“O noso litoral non pode seguir sendo tratado como un grande sumidoiro”, remacha Igrexas.

Deja una respuesta