Vigo, Galicia
Política Portada Vigo

El comité de Vitrasa baraja convocar varias jornadas
completas de huelga coincidiendo con la Reconquista

A empresa comunicou que non abonará a prima de absentismo e pide a devolución da de 2022 aludindo á caducidade do convenio

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo,
está a valorar a posibilidade de convocar varias xornadas de folga de 24 horas coincidindo coa festa da
Reconquista para reclamar a negociación do convenio colectivo. Dende a representación do cadro de
persoal denuncian que a empresa comunicou onte que non abonará a prima de absentismo, ao tempo
que reclama a devolución da ingresada o ano pasado, “algo que co novo convenio non pasaría”.
Segundo explican dende a representación da CIG no comité de Vitrasa, a intención dos
traballadores/as é intensificar as mobilizacións que veñen desenvolvendo para forzar a dirección a
sentarse, convertendo os paros parciais vixentes na actualidade en días completos de folga a finais de
marzo e comezos de abril. Ademais, o comité acordou que os paros actuais, que teñen lugar de 14:00 a
16:00 horas, pasen a ser de 13:30 a 15:30 a partir do luns.
Con estas medidas de presión o persoal de Vitrasa pretende forzar a empresa a negociar un novo
convenio, coa intención de mellorar unhas condicións laborais e salariais que non deixaron de
precarizarse dende 2020.
De feito, no día de onte a empresa incidiu nesta precarización ao anunciar que non vai pagar a prima
de absentismo, ademais de reclamar a devolución da abonada o ano pasado. Na súa notificación
Vitrasa alude precisamente a que o convenio xa non está vixente. “A pesar de que o convenio ten unha
cláusula de ultraactividade que debera impedir cousas como esta, a dirección busca constantemente a
maneira de recortar dereitos, como tamén fixo cando intentou rebaixar os salarios”.
Polo que entenden que a sinatura dun novo remataría con cuestións como esta e faría posíbel a
desconvocatoria das mobilizacións que iniciadas o pasado mes de novembro. Mais a empresa continúa
negándose a negociar até que non consiga o reequilibrio económico que lle reclama ao Concello de
Vigo pola perda de viaxeiros/as derivada da pandemia.
“Mentres tanto o Concello de Vigo, a pesar de ser coñecedor de todos os incumprimentos que está a
realizar a concesionaria e que están reflectidos no propio prego de condicións como obrigacións a
controlar polo adxudicador da concesión, mantén unha actitude pasiva en todo este conflito”,
rematan.

Deja una respuesta

Hide picture