Vigo, Galicia
Vigo

El BNG urge dotar a Vigo de un Plan municipal de Acción contra las Inundaciones

A fronte nacionalista asegura que están identificadas na cidade até 50 zonas de risco de inundacións, segundo se recolle na revisión do PXOM, algunhas en ámbitos moi poboados e con importante actividade económica

Xabier P. Igrexas: “Temos que reforzar a prevención diante da evolución cada vez máis explosiva da meteoroloxía, con precipitacións concentradas en períodos máis curtos pero de moita maior intensidade”

video
play-sharp-fill

O Bloque Nacionalista Galego urxe dotar Vigo dun Plan municipal de Acción contra as Inundacións. Un documento que, revelan dende a fronte nacionalista, estaba previsto que fose elaborado no período 2021-2022 pero do que, a día de hoxe, non se coñecen avances malia o seu carácter obrigatorio.

Así o demandou este mércores o portavoz municipal do BNG no Concello de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen asegurou que na cidade están identificadas 50 zonas de risco de inundacións, segundo se recolle na revisión do PXOM, concentradas fundamentalmente nas contornas do curso fluvial dos ríos Lagares, río Barxa en Sárdoma e tamén no litoral.

“Este Plan debe recoller medidas concretas que teñen que ir moi alén das actuacións parciais que se teñen anunciado na mellora da rede de saneamento en puntos localizados, nomeadamente nas inmediacións do estadio de Balaídos”, reclamou Igrexas.

Por estes motivos, o Bloque anunciou que vai interpelar ao Goberno de Abel Caballero na vindeira Comisión Informativa de Fomento para urxir esta medida contra o risco de inundacións que, a xuízo das nacionalistas, debe ir acompañada dunha actualización do Plan Municipal de Emerxencias do Concello de Vigo.

Igrexas alertou de que existen ámbitos moi poboados en Vigo e con importante actividade económica cun risco considerado alto, como a contorna do Val do Fragoso, pese a que a perigosidade no conxunto da cidade estea catalogada como media-baixa, segundo o novo Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundación de Galiza.

 “Temos que reforzar a prevención diante da evolución cada vez máis explosiva da meteoroloxía, con precipitacións concentradas en períodos máis curtos pero de moita maior intensidade e tamén os temporais mariños”, defendeu o portavoz municipal do Bloque, quen subliñou estes riscos como un dos elementos que levaron a declarar a situación de emerxencia climática na cidade por unanimidade do Pleno en 2019.

Mellora da rede de saneamento

Dende a fronte nacionalista reclamaron no mesmo sentido a máxima cooperación entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galiza para avanzar nas medidas estruturais definidas por Augas de Galiza dende o ano 2020, entre elas o Plan de Acción. Aliás, insisten na necesidade de mellorar a rede de saneamento para implantar “dunha vez” a recollida separada de augas pluviais e das residuas, tal como mandata a Directiva Europea da Auga. Unha medida que, lembran dende o BNG, foi reiteradamente demandada nas emendas nacionalistas aos Orzamentos Galegos. 

Deja una respuesta

Hide picture