Vigo, Galicia
Vigo

El BNG pide hacer públicas todas las ayudas del Ayuntamiento de Vigo a la Iglesia católica y aclarar se paga impuestos municipales

  • A fronte nacionalista reclama transparencia sobre os recursos destinados á institución relixiosa, despois do anuncio dunha nova subvención de 200 mil euros á Diócese Tui-Vigo
  • Cualifica de “incomprensíbeis” as exencións fiscais á Igrexa católica cando o Goberno de Caballero se nega a aplicalas a centros culturais e veciñais ou á Universidade de Vigo

Xabier P. Igrexas: “Sorprende que o mesmo Goberno municipal que vén de botar a rúa a dez sobreviventes do incendio da rúa Afonso X, alegando o elevado custo de acollelas en hostais, non teña reparos en destinar centos de miles de euros en favor dunha confesión relixiosa”

 O Bloque Nacionalista Galego pide facer públicas todas as axudas directas e indirectas que recibe a Igrexa católica por parte do Concello de Vigo. Así o reclamou este mércores o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, despois de que o Goberno local veña de aprobar unha nova subvención de 200 mil euros á Diócese Tui-Vigo para restaurar o patrimonio da entidade relixiosa na cidade.

Desde o BNG cremos que o respecto ao carácter aconfesional das institucións públicas non é compatíbel coas decisións de Abel Caballero de seguir a destinar o diñeiro de todas as viguesas e vigueses en favor da Igrexa Católica, que é un comportamento máis propio doutras etapas”, defendeu o voceiro nacionalista, quen considerou un “exercicio esencial de transparencia” que o Concello informe sobre os convenios e colaboracións institucionais, como na realización de procesións, aos que destina recursos públicos.

O portavoz do BNG afeou nese sentido que o mesmo Goberno municipal que vén de “botar a rúa” a dez persoas sobreviventes do incendio da rúa Afonso X, alegando o elevado custo económico de acollelas en hostais, non teña reparos en destinar centos de miles de euros en favor dunha confesión relixiosa. “Os pobres á rúa e o diñeiro para as igrexas, un sentido da prioridade moi pouco cristián no uso dos recursos públicos”, lamentou.

Paga impostos en Vigo a Igrexa católica?

Dende a fronte nacionalista demandaron ademais que o Goberno local informe a respecto de se a Igrexa Católica está a pagar impostos municipais. En particular, no referido ao Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) sobre aquelas propiedades que ten inmatriculadas na cidade, como parcelas, vivendas, garaxes ou baixos comerciais, que non poderían estar exentos do pago como ocorre cos espazos destinados ao culto.

Un “trato de favor” para a Igrexa Católica que, a xuízo do Bloque, resulta “incomprensíbel” cando centros culturais, veciñais e locais sociais xestionados por organizacións sen ánimo de lucro, así como a propia Universidade de Vigo, teñen que facer fronte a este imposto pola negativa do Goberno de Caballero a liberarlles ou bonificarlles o IBI, tal como ten demandado reiteradamente o BNG a través das súas emendas ás ordenanzas fiscais.

Deja una respuesta