Vigo, Galicia
Vigo

Los taxis de Vigo refuerzan su apuesta por el Xacobeo y ya suman un ciento los vehículos que divulgan el año santo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, agradeceu aos autopatróns a súa contribución ao desenvolvemento turístico de Vigo e á posta en valor do Camiño Portugués da Costa

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe da importante aposta dos taxis vigueses pola promoción do Ano Santo cun cento de vehículos lucindo xa publicidade do Xacobeo.

Nun acto celebrado na vila de Bouzas, onde se localiza a sede da Asociación de Autopatronos de Taxis de Pontevedra e en presenza da súa directiva, a representante autonómica agradeceu implicación deste colectivo na iniciativa e a súa contribución ao desenvolvemento turístico de Vigo e posta en valor do Camiño Portugués da Costa.

“Primeiro foron os hostaleiros, logo os comerciantes que nos axudaron a sinalizar a ruta xacobea ao seu paso pola cidade, e agora son os taxistas os que se suman con forza a este fenómeno universal”, indicou. Ao fío, volveu a lamentar unha vez máis que o alcalde, Abel Caballero, non sexa capaz de ver o que si recoñecen os sectores en Vigo, e se manteña instalado nunha oposición frontal a todo aquelo que teña que ver co Xacobeo e o Camiño.

As campañas de promoción do Xacobeo encádranse no compromiso da Xunta co desenvolvemento turístico de Vigo, como o demostra o feito de que o ano pasado abrira o primeiro albergue público da cidade ou que de cote se leven a cabo iniciativas de promoción do Camiño Portugués da Costa, que ao seu paso pola comarca de Vigo ofrece unhas fermosas vistas que atrapan cada vez a máis visitantes.

No que vai de ano, o Camiño Portugués pola Costa rexistrou 664 peregrinos, converténdose no cuarto itinerario máis transitado.

Deja una respuesta